Un espirro vai ser o movemento "Vento Lois" convocado para o vindeiro 12 de maio. Un espirro moi contaxioso que se repetirá de mil formas por todo o mundo. Os síntomas consistirán en lecturas de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo.... e aquí hai un espazo onde facer un listado das actividades.
Loia foi a revista que xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel fundou Lois Pereiro en Madrid. E como se fose un novo número da revista, desde a CGENDL adícanlle todo un número, hoxe é un web, cheo de recursos educativos, vídeos, ligazóns, recompilacións.... Se alguén precisa material sobre o mundo Lois, alí o atopará.
[Espirro e Loia] [sprrleioeoia] [lsprroieeio] [Lois Pereiro]
Ningún comentario:
Publicar un comentario