Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 27 de outubro de 2011

Dúas alegrías: Praza Pública e Tempos Dixital

A pimeira alegría chegoume coa lectura destas palabras: "Porque hai milleiros de galegas e galegos que non teñen un medio de comunicación na rede no que confíen, que queren ler un xornal de calidade, en galego e que lles conte a parte da realidade que o resto das cabeceiras non lle está contando". Palabras que forman parte da presentación que fai Marcos S. Pena, quen xunto con Manolo Barreiro e e Filipe Díaz, levan un tempo traballando nun novo xornal dixital, Praza Pública.
A infografía estará a cargo da Navalla Suíza, e isto é toda unha garantía de calidade; basta lembrar o defunto Flocos ou excepcional Eufalo.tv
Como moitos outros, agardo poder ver pronto este soño materializado no mundo virtual.



E dun proxecto gorentoso a outro xa en marcha. Tempos Dixital presentouse hoxe no Museo do Pobo Galego. Trátase dunha revista dixital que nace da man de Tempos Novos. Puntuais á súa cita (levaban tempo anunciando a súa creación), xa podemos consultar os seus contidos, que segundo os propios editores comentan,  seguirán as directrices dun xornalismo de análise e interpretación que vén caracterizando á revista.
Conta con 6 seccións: Activismo e Sociedade, Política, Global, Economía, Cultura e Deportes, e finalmente Opinión.
Parece como se a sociedade galega se remexera incómoda contra a destrución de medios de comunicación galegos e hoxe comenzara a abrirse unha fenda nesta cova mediática que nos encerra, na cova da imposición do español.
Velaí a segunda alegría e espero que haxa moitas máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario