A CGENDL volve a repetir formato este ano [ver a do ano pasado]e ofrécenos dúas posibilidades de vídeoconferencias para o II Día da Ciencia en Galego, o vindeiro 4 de novembro.
De 12:30 a 13:30, dirixida ao alumnado de secundaria a conferencia "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial", por Ángel Carracedo, quen hai un ano participara na campaña da Universidade da Coruña, En galego tamén se fai ciencia, é profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Este último ano foi galardoado coa Medalla de Galicia e o Premio Adelaida (o nobel da Mecina Forense). Todo un luxo.
De 10:30 a 11:30, o alumnado de primaria poderá escoitar a conferencia "O valor dos bosques na sociedade actual: os seus compoñentes, as árbores; a súa conservación e o seu aproveitamento sostible". Neste caso será a profesora Mª José Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural da Universidade de Vigo e autora do libro Guía verde de Santiago de Compostela [ver mostra en pdf]. Unha gran oportunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario