AGOn (Asociación Galega de ONonomástica) é unha asociación que ten o fin de impulsar traballos dedicados á conservación, divulgación e investigación dos nomes de persoas e de lugar. Actúan baixo a premisa de que a recuperación da onomástica tradicional é unha parte importante do proceso de normalización lingüística. Neste sentido enviáronlle unha carta á Ministra de Cultura para que o portal do seu ministerio, España es cultura/Spain is culture, respecte a toponimia galega. Citan específicamente os casos de Vilanova de Arousa, Vilalba e Os Corrás, que aparecen deturpados nas biografías de Valle Inclán, Agustín Fernández Paz e Torrente Ballester.
Parece que no primeiro caso o Ministerio de Cultura xa rectificou. Non así nos outros dous casos. Así podemos ler que un é natural de *Villalba, o outro de *Los Corrales de Serantes. E non deben ser os únicos, pois Adolfo Domínguez, por exemplo, vén sendo de *Puebla de Trives
Ningún comentario:
Publicar un comentario