Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 4 de outubro de 2011

You Tube en galego

Acabo de enterarme desde foros.gl que se pode remexer no You Tube en galego. Basta con ir á parte de abaixo da páxina do portal de vídeos e alí premer no idioma e escoller a opción 'galego'.

Deste xeito Google apúntase á dirección marcada por Inditex e Ikea, de contaren tamén coa nosa lingua para a difusión dos seus produtos.
Porén, tal e como apuntan tamén en foros.gl, hai outros servizos de Google nos que aínda a nosa lingua fica excluída: Blogger, Google+, GMail

Ningún comentario:

Publicar un comentario