Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 20 de outubro de 2011

LinguaZas

Agromou na rade un novo espazo web con moitos recursos ordenados e clasificados que poden contribuir a galeguizar a vida cotiá. Trátase de linguazas 1.1, unha ferramenta que o SNL xa utilizaba e que agora pon a disposición de calquera usuario de internet, agás dúas áreas de traballo do SNL co tecido asociativo.
As seccións abertas son: Inicio, Ortografía, Dicionarios, Recursos e Ligazóns. Nelas podemos atopar desde novas da lingua ata recursos gramaticais, dicionarios ou institucións relacionadas coa lingua galega. Convén pasear por linguazas 1.1

Ningún comentario:

Publicar un comentario