Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 10 de outubro de 2011

Anxo Lorenzo renuncia á defensa dos dereitos lingüísticos

Efectivamente, así o denuncia A Mesa nun comunicado de prensa no que informa de que Anxo Lorenzo, titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística  (SXPL) “desbota actuar” para exixirlle ao Concello da Coruña que inste á Compañía de Tranvías, empresa concesionaria do transporte público urbano da cidade, a non seguir excluindo a lingua galega dos seus vehículos, sinalizacións, documentos ou publicidade. A SXPL  alega a súa negativa a actuar en que xa o Valedor do Pobo ten aberto un procedemento de queixa en relación ao mesmo caso e que abrir un novo suporía, en palabras do departamento dirixido por Lorenzo, “duplicar procedementos” cando o usual é que as reclamacións que chegan ao Valedor do Pobo sexan tramitadas tamén por algún outro organismo.
A este respecto tamén se informa de que  o pasado mes de maio o Valedor do Pobo xa se dirixira ao Concello da Coruña dando conta dunha queixa veciñal instándoo  a exixir á Compañía de Tranvías que  non excluría o galego da súa actividade e servizos. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario