María Wonenburger Planells (A Coruña, 1927) e Marie Curie (1867-1934) son as figuras homenaxeadas este ano no II día da ciencia en galego.
De entre todos os recursos que hai pola rede sobre María Wonenburger quero destacar este vídeo realizado por unha alumna do IES Otero Pedrayo, Gloria Arias Fraga . Nel inclúense anacos dunha entrevista que lle fixeron á matemática coruñesa no programa Efervescencia da Radio Galega o 16/09/2007. O vídeo é unha mostra excepcional da aplicación das novas tecnoloxías ao ensino, a ciencia e a divulgación. Fica ben claro que para a súa realización houbo que empregar moito tempo de estudo e esforzo, houbo que buscar e escoller información, fotografías, recompilar recursos,... O resultado final é preciso, ordenado e interesante. Pero o máis sorprendente é que este traballo non é un caso aillado pois así son todos os que van colgando no edublogue Entérate, a ciencia tamén é cultura, dirixido pola profesora Carmen Cid Manzano.
Estou seguro de que se Otero Pedrayo tal cousa chegara a ver, estaría orgulloso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario