Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 15 de outubro de 2011

Falta de recursos tecnolóxicos en galego

O grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo colaborou nun estudo da iniciativa Meta-net para elaboración dun Libro branco sobre a situación do galego na sociedade da información. A conclusión máis salientable, segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, é a carencia de recuros tecnolóxicos en galego. Na orixe deste problema está o feito de que moitas linguas europeas corren o risco de seren “vítimas da era dixital” pola súa escasa presenza e falta de recursos na internet. 
A catedrática Carme García Mateo, que liderou o grupo universitario que colaborou neste proxecto fixo varias aclaracións como a de que unha das consecuencias desta falta de recursos tecnolóxicos é o pouco uso da lingua propia no eido da investigación, “a pesar de contamos un centro e grupos de prestixio internacional”. Outro problema é a competencia das linguas maioritarias, “que resultan máis convenientes para facer investigación ben porque se dispón de máis fondos orzamentarios ou ben porque xa hai dispoñibles recursos e tecnoloxías que permitan avanzar máis doadamente no campo da investigación”.





Ningún comentario:

Publicar un comentario