Velaquí un pequeno xogo que pode axudarnos a avaliar as nosas destrezas lingüísticas en moitas linguas faladas en europa. Só hai que responder unha serie de pregungas e ao final ofrécenos o noso nivel de competencia nas catro destrezas básicas dunha lingua:listening, speaking, reading, writing.
Esta aplicación estrutúrase a través de preguntas e respostas adaptadas ao noso perfil. Está pensado para avaliarmonos nas linguas que coñecemos segundo os seis niveis de referencia definidos dentro do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECR): A1, A2, B1, B2, C1 e C2, que desde o 2001 é amplamente empregada nos sistemas de ensinanza de linguas.
Proba e verás.
Tirado do European Language Portfolio
Ningún comentario:
Publicar un comentario