Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 8 de marzo de 2013

Piar versus Pilar. 2



Eu son Pilar
Eu tamén son Pilar
Todas somos Pilar
As nosas avoas e as nosas nais
fixeron posible a Galicia de hoxe
e agora nós construiremos o presente e o futuro
Dende sempre as mulleres fomos, somos e sermos 
 un piar fundamental de Galicia
Porque sen mulleres non hai Galicia

Non se mataron moito na Secretaría Xeral da Igualdade pois repiten o mesmo spot que o do ano pasado . E insisten no seu desprezo á lingua, por iso eu repito entrada tamén este ano:
Como todo o que fan na Xunta, está pensado en castelán. Desta vez aínda tivemos sorte porque o traduciron ao galego. Pero claro, quedoulle feito un churro.
Eis unha consecuencia máis da desastrosa política lingüística que alicerza o goberno que sufrimos.

Corrixo só unha cousa: este ano pegaron unha reviravolta máis pois ao non acharen ningunha escritora galega tiveron que botar man dunha que odia o galego.

2 comentarios:

  1. Vergoñento non é a palabra que se achega a expresar o que penso sobre a campaña, sobre a elección e sobre todo canto temos que aturar ultimamente.

    ResponderEliminar
  2. Creo que é moi significativo que o disparate cometido o ano pasado co spot do 8 de marzo volva a repetirse este ano. Non se trata pois dun erro, senón dunha política de desprezo e ataque ao galego

    ResponderEliminar