Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 10 de marzo de 2013

Pelegrinaxe lírica polos lugares rosalianos



No ano 2010 conmemorábanse os 125 anos do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro a Bonaval. Cando o 15 de xullo do 2010 fixen bulto nun fermoso acto na honra de Rosalía de Castro, o cortexo cívico convocado pola AELG en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro a Bonaval,  non tiña noticia de que no xullo do 1951 houbera unha convocatoria semellante encabezada por Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Gómez Román, Martínez Risco, Manuel Casás, Ramón Piñeiro, García Sabell, Fernández del Riego e moitos outros. Estoume a referir á pelegrinaxe lírica polos lugares rosalianos que rematou cunhas xornadas celebradas os días 24 e 25 de xullo en Santiago coa presenza de Gala, a filla de Rosalía e Murguía.
A pelegrinaxe lírica do 1951 foi o xérmolo dunha película con guión de Celso Emilio Ferreiro, un documento excepcional que foi  recuperado no ano 2000, e segundo informa Manuel Bragado, engadíronse "como limiar as testemuñas de grande valor dos xa falecidos Borobó, Paco del Riego, Pura Vázquez, así como de Antía Cal, a dona de Antón Beiras o argalleiro da película"
Velaquí a xoia:

Ningún comentario:

Publicar un comentario