Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 15 de marzo de 2013

Entrevista a Henrique Monteagudo na TVG



Marga Pazos entrevistou a Henrique Monteagudo no programa Bos Días ao día seguinte do pleno da RAG no que se confirmou a demisión de Ferrín.
Velaquí algunhas frases que resumen o fundamental das respostas de Henrique Monteagudo:
"Hai que ser comprensivo con Ferrín porque está un pouco alterado"
"A marcha de Ferrín non é boa para a Academia."
"O plenario foi tenso pero nun bo ambiente".
"As explicacións sobre as contratacións xa se deran en plenos anteriores."
"Ferrín debería continuar ata finalizar o seu mandato"
[sobre o decreto de plurilingüismo] "O galego non pode ter un límite do 33%,  ten que ter maior presenza para que se cumpra o mandato normalizador"

1 comentario:

  1. "Hai que ser comprensivo con Ferrín porque está un pouco alterado"
    un pouco alterado > Pero, por que está alterado, meu?
    Vaia forma de argumentar...

    ResponderEliminar