Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 4 de outubro de 2013

Se até do que comemos depende o futuro da lingua!

por Nel Vidal, no Sermos Galiza:

Disque somos o que comemos e, si, en boa parte, creo que si..., e o que escoitamos, e o que facemos, e o que vemos, e o que bebemos, e o que lemos... E o que non lemos nin bebemos tamén é determinante para configurar o que somos, claro!
E, para sermos de aquí, para podermos seguir a ser en galego, teremos que comer produtos tamén de aquí? Pois, tamén creo que si...

Aínda que se molle o galego non encolle

por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:

O sábado 28 de setembro as rúas molladas de Compostela acolleron unha concorrida manifestación, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, en contra da LOMCE, cuxo nome auténtico debe ser Lei orgánica de desmellora da calidade educativa. Os seus principais méritos xa son ben coñecidos: españolizadora, confesional, clasista, privatizadora, sexista, reaccionaria.

O galego urbanizado solicita passaporte

por Joám Lopes Facal, en Praza:

A nossa fala evoca inevitavelmente a aldeia que lhe serviu de refúgio e fonte de transmissom. Para os nascidos na aldeia a fala primeira será sempre o supremo argumento de autoridade: “eu sempre tenho escuitado, na minha aldeia di-se...” A aldeia como garantia intemporal do idioma e da identidade. A Terra de Melide (1933), esse trabalho admirável da geraçom Nós, pode ser lida hoje como umha serôdia homenagem etnográfica á velha cultura oral e instrumental do mundo rural que tem a sua saudosa vitrina aberta nas sossegadas salas do Museu do Povo Galego.

xoves, 3 de outubro de 2013

O enterro de Díaz Castro



Hai 23 anos, o 3 de outubro do 1990 celebrábase en Guitiriz o enterro de Díaz Castro. Alí estiveron presentes numerosas figuras de relevo da cultura galega como Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán-Vello e Paco Martín. A cerimonia relixiosa foi oficiada polo seu amigo Alfonso Blanco Torrado.
Vía O instante eterno

O graneiro de Amelia

Noutros tempos, cando aínda funcionaba a edición do dixital A Nosa Terra, sabiamos que os luns aparecería unha referencia a unha empresa que apostaba polo galego no desenvolvemento da súa actividade. Era unha das referencias de acción positiva para a normalización que, non sei a razón, penso que nunca se gabou o suficiente.
Achar actualmente referencias a iniciativas empresariais que fan un uso normalizado da lingua é moito máis complicado. Temos o incansable aportación da Mesa, neste caso coa inicitiva Abertos ao galego, pero sen o acollemento dos medios de comunicación, nin das institucións que amplifiquen este traballo. Tamén hai algunha campaña das asociacións Galeguizar Galicia, como a excelente Consumogustos, ou a iniciativa dalgún concello como é o caso de Proba en galego, en Pontevedra. E punto e final.
Por iso, cando hai uns días, concretamente o mércores da semana pasada, batín coas palabras de Manuel Bragado nunha entrada do seu blogue titulada A granel, entroume unha ansia consumista de ir a Pontevedra co fin de encher os arcóns da cociña de legumes para as potaxes do inverno. Alí facía referencia a unha gorentosa tenda, O graneiro de Amelia, cargada de pastas, fariñas e legumes.Entón, para min volveu a ser luns.

Peregrinacións e penitencias para galegofalantes. Que me digan despois que se pode vivir en galego con normalidade

por Susana Méndez, no Sermos Galiza:


Por mor de cumprimentar certos trámites ineludíbeis, pasamos hai escasos días, eu e algunhas persoas máis, unha mañá de banco en banco, e de aí á oficina dun notario. E, como cada vez que pasa iso, a mañá foi unha pelexa constante para poder cumprimentar eses trámites con toda a normalidade, é dicir, na nosa lingua. Escuso dicir que non chegamos a poder facelo na súa totalidade.

mércores, 2 de outubro de 2013

Protexer a lingua

por María Canosa, en La Voz de Galicia:

Quen me coñece, ben sabe que pouco ou nada me gustan as leas, nin as verbais, e menos as que me levan a discusións políticas ou sobre os pensamentos, pois son moi respectuosa cos ideais dos outros. Cando as opinións son distintas ás miñas, maior é o efecto construtivo da mente, pois axudan a formar o propio criterio con máis seguridade.

De blogues.13

Homenaxe singular, 7/09/2013, no blogue do IES Blanco Amor, Camiño Longo
Política lingüística e sentido común, 19/09/2008, en El toupo que fuza
«Get the parachute!!!»,10/09/2013, por Carlos L. Medrano, en Xogos de Lingua
Lingua escrita, palabras que non leva o vento, 11/09/2013, en Proxecto Neo
Xogando coas matemáticas en galego, en Londres, 16/09/2013, no blogue Fala Londres do IES Cañada Blanch
Onte 740: Gratitude, 24/09/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Toponomicidios de cine, 24/09/2013, no Toupo que fuza
Longa vida ao "Vide, Vide"!, 24/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de Lingua
Des-normalización, 27/09/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Uso do galego nas contas de Twitter do Concello da Coruña, 30/09/2013, no blogue de Iván Méndez Éche o que hai

martes, 1 de outubro de 2013

Conselleiro Jesús Vázquez: a «banalidade» do mal

por Xurxo Martiz Crespo, no Sermos Galiza:


Camiñando polos arredores do edificio da Xunta en San Caetano, vexo o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, falando con outra persoa. Penso «vou achegarme a ver en que fala», pero ese «experimento» non deixa de ser banal, pois aínda que non sabemos en que lingua falan, en privado, os conselleiros, o presidente, os secretarios xerais... da Xunta, estamos seguros, nun 99,99%, de que o fan en español.

Idioma e riqueza

por Xosé Luís Méndez Ferrín no Faro de Vigo:


Xabier Domingo, escritor e xornalista que soubo tratar con elegancia da "physiologie du goût", sostiña que as conservas de peixe constitúen un apartado moi importante da gastronomía galega. Nin Picadillo nin Cunqueiro nin outros escritores gastronómicos nosos se ocuparon das conservas desde o punto de vista da análise culinaria.

luns, 30 de setembro de 2013

Wertgoña



Canción "anti LOMCE". Vídeo moi ben elaborado por xente preocupada polo ensino público. Dá gusto ver cousas tan ben feitiñas.
E aproveito para recomendar un artigo do dixital Praza Púbica: A Lei Wert apuntala os seus puntos máis polémicos

domingo, 29 de setembro de 2013

Toponimia de Vigo



Case cada domingo escoitamos falar de Balaídos, pero, de onde vén o topónimo?. Velaquí está ben explicadiño neste vídeo que sorprendentemente non é máis que un dos moitos que podemos atopar no excepcional blogue Toponimia de Vigo. Moi ben organizado, cunha ligazón por parroquia, e con explicacións claras e que seguen todas un mesmo esquema. Todo un traballo que deberían agradecer todos os veciños da cidade, e por extensión, todos os galegos.
O proxecto tamén recolleu a microtoponimia de Coia e Lavadores e continúa activo realizando múltiples actividades. O pasado mes de xuño celebráronse as II Xornadas de Toponimia nas que se presentou nunha aplicación informática que recollerá a toponimia dos traballos realizados, con localización por medio do Google Earth,

sábado, 28 de setembro de 2013

Ameixas

por Ana Outón no voceiro dixital de Poio, O Castrove:

Os pais galegofalantes, eses seres raros, podemos levar un fillo cativo da man que está aprendendo aínda a falar e dar un pequeno paseo para ter axiña milleiros de anécdotas para contar. O percorrido pode ser sinxelo e curto, apenas se precisan uns cantos metros de camiño ó supermercado ou á froitería:

Deixemos morrer en paz ao galego!

por Ana Pontón, no Sermos Galiza:

Son unha nena de aldea. Na miña casa falábase galego. Era o normal. Na escola, na igrexa, no médico falábase en español. Dicían que era normal, mais para min había algo que non encaixaba. Inxenuamente pensaba: “se somos galegos, por que non falamos a nosa lingua?” Lembro a confusión que me xeraba escoitar que o galego era unha lingua “bruta”, “un atraso”, que “non valía para nada”. Tardei en comprender a situación. Eu, como tantas nenas e nenos, vivín en carne propia a represión e o menosprezo cara o galego (“a mí háblame bien, háblame en castellano!”). Era a época dourada do bilingüismo harmónico. Fálase moito do acoso escolar, mais é clamoroso o desamparo ante este tipo de discriminacións, que lamentabelmente non forman parte do pasado. A liberdade de elección é unha quimera para moitos galegos e galegas.

venres, 27 de setembro de 2013

A oposición ao uso do galego

A proposición de Lei de usos sociais e públicos da lingua galega foi prexentada xa no mes de maio polo grupo propoñente, o BNG. Conviña pegarlle un repaso a cada unha das liñas do texto para comprobar que o que aquí temos non é outra cousa que a escrita en papel dos vectores directores principais xa sinalados Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado unánimemente no seu día polo parlamento.
Quen se pode opoñer a este texto? Quen se pode opoñer a garantir que todos os cargos públicos da Xunta fagan obrigado uso do galego cando desempeñen esa función? Quen se pode opoñer a que todos os documentos administrativos se tramiten en galego? Quen se pode opoñer a que a Xunta faga exemplo co emprego do galego nos actos xurídicos nos que interveña? Quen se pode negar ao uso dos topónimos nacidos na terra sen que se vexan deturpados? Quen se pode negar a establecer no ensino as medidas de reforzo necesarias para favorecer a aprendizaxe e o uso do galego? Quen é o que rexeita a implantación do galego como a lingua de comunicación no ámbito sanitario? Quen non quer oir publicidade en galego na TVG? Quen quer anular as competencias na normalización dos medios de comunicación?
A oposición, por se alguén o dubidaba, está no goberno.


Día Europeo das Linguas

por Mercedes Queixas no Sermos Galiza:


Saúda o outono coas primeiras pingas que arrefriarán a pel e o corazón da terra queimada e cinsenta, testemuño inerte da connivencia entre as conciencias suicidas e a planificación política confiada ou desleixada.

Digades filla

por Valentina Formoso nas Voces de  Prolingua:

Dime, hija, hija mía lozana...No remate dun verán máis no que nais e pais falaron do moito tempo sen escola que teñen os rapaces e rapazas, do número de cadernos que fixeron para repasar (obviamente de “lengua” (castelá), de inglés e de matemáticas, quedando a nosa lingua maioritariamente excluída tamén dos deberes de verán), xa toca empezar co tema do novo curso académico e dos libros de texto.

xoves, 26 de setembro de 2013

AMPER: as melodías do galego

O AMPER é un proxecto de ámbito internacional no que colaboran diferentes universidades de Europa e América. A principal finalidade do AMPER é a confección dun atlas prosódico en formato multimedia que se poida poñer a disposición dos usuarios na rede.
Dito atlas está formado por unha serie de mapas falantes que permiten escoitar a entoación das diferentes modalidades oracionais para establecer comparacións entre as diferentes variedades lingüísticas románicas.
Para coñecer mellor este proxecto que en Galicia está sustenado polo ILG, pódese consultar a presentación que se fai del no propio portal de AMPER

martes, 24 de setembro de 2013

A vontade de procura de estilo, alicerce dunha lingua normalizada

por Goretti Sanmartín no Sermos Galiza:

“Fáltanme anos e perspectiva para definir o meu estilo”, declarou Berta Dávila, a gañadora do último Premio Repsol de Narrativa Breve tras lle preguntaren pola súa obra. Gustei moito das palabras da autora de Raíz da fenda, un poemario que nos revolve, que provoca mil e unha identificacións, que consegue non deixar indiferente ninguén. Son palabras modestas para quen conseguiu unha reedición case inmediata do seu libro, obra de quen sabe que somos un proceso en construción e que cos anos só podemos mellorar. Máis ben que debemos mellorar, esa é a nosa obriga. Esa era a obriga tamén de Xosé Ramón Freixeiro Mato cando decidiu abordar a tarefa de escribir a primeira estilística da lingua galega. E abofé que cumpriu. Berta Dávila non só nos sorprende coas súas palabras, cos seus versos, como o fará coa súa prosa, senón que o fai tamén coa súa maneira de se introducir neste mundo e de se sentir parte dunha perspectiva e dunha cadea. Os meus parabéns para unha obra que Xosé Ramón Freixeiro Mato terá que incluír no seu volume, cando chegue a reedición, porque un grande acerto da Estilística da lingua galega é a unión de textos clásicos e contemporáneos, todos a formaren parte do mesmo volume, da mesma hucha, da mesma gabeta onde irmos tirar. Mais tamén porque hai concomitancias entre algúns dos significados que se esconden baixo o concepto “estilo” e as palabras de Berta Dávila:

luns, 23 de setembro de 2013

Canto variaría o radio da Terra se lle aumentásemos 10 m ao ecuador?



A algunha xente gústalle a poesía, a outras observar cadros e tamén hai quen desfruta coa resolución de problemas. O que problema que se presenta aquí é, como se podía supoñer, o seguinte:
Canto variaría o radio da Terra se lle aumentásemos 10 m ao ecuador?
O enunciado deste problema vírao por primeira vez na revista Cacumen. Agora 30 anos despois atopeino neste simpático vídeo, un dos gañadores de videoMaT, un concurso catalán de vídeos para o alumnado non universitario no que solicitaban traballos nos que se respondese a preguntas que evidencien a aplicación das matemáticas no entorno.
Imaxinemos  que a Consellería de Educación copia a idea e quer trasladala a Galicia. Para respectar o espírito do funesto decreto do plurilingüismo nas bases do concurso deberíase prohibir que o vídeo fose elaborado en galego, non si?
Ah! e intendade resolver o problema antes de mirar o vídeo. É un gustazo dar coa solución, tan simple e inesperada!



domingo, 22 de setembro de 2013

A lingua popular e a xeración de novas palabras: enxebridade e enxeño

por Xosé Manuel Sánchez Rei en Terra e Tempo:


Entre os moitos temas que desenvolve, a excelente Estilística da Lingua Galega (2013) de X. R. Freixeiro Mato dedica unha sección aos valores expresivos da prefixación. Con efecto, tratando os morfemas nocionais, o coñecido lingüista pondera o que el denomina “creacións populares” en exemplos como descomer, descasar ou desengordar a sinalar o seu “rendemento expresivo”. As palabras do catedrático da Universidade de Coruña salientan, así as cousas, que o galego popular posúe recursos que o dotan de singularidades notábeis na formación de palabras, de certo moito interesantes no ámbito da expresividade coloquial e tradicional. Neste contributo imos comentar, pois, algunhas das características que presenta hoxe en día ese léxico que, sendo considerado adoito como vulgarismo e non estando normalmente coleccionado en dicionarios, denota porén unha grande enxebridade en determinados rexistros. Centrarémonos para iso no morfema des-, o cal, costumando ter os valores de negación como principais significados, noutros casos adquire matices de intensificación con determinados elementos a que se xunta, segundo se verá máis abaixo. Non faremos referencia, como se torna obvio, a vocábulos que xa están asentados na lingua habitual en palabras do tipo desandar, desanimar, descansar, descravar, desfacer, desmarcar, desparafusar, desvivir etc., mais a esas entradas vocabulares de uso minoritario que se sitúan en moitos casos nas fronteiras do gramaticalmente aceptábel.

Un exemplo de enquisa sobre os hábitos lingüísticos do alumnado

Recollo unha publicación do equiPAZO de Normalización do IES Pazo da Mercé das Neves como exemplo dun cuestionario sobre os hábitos e ideas sobre a lingua. Moitas veces nos ENDL botamos en falta precisamente exemplos de traballos e accións concretas doutros ENDL que nos faciliten o labor que queremos realizar. Xa que desde as instancias oficiais non se facilita este tipo de documentación, agradécense as aportacións, que coma esta, poden aclararnos moito as ideas aos que intentamos traballar para a normalización nos centros de ensino.
Velaquí pois un exemplo de cuestionario para coñecermos mellor a realidade sociolingüística do noso entorno.


sábado, 21 de setembro de 2013

Luísa Villalta: paixón e compromiso

Documental sobre a poeta galega e ex-profesora do IES Isaac Díaz Pardo. Realizado por "Gallaecia Filmes", produtora de audiovisuais do instituto. Participan amigos, escritores, alumnos e compañeiros da sempre querida e admirada Luísa Villalta.
Desde o ano 2004 o Servizo de Normalización Lingüística da UDC convoca o Premio Luísa Villalta co obxectivo de promover o uso do galego na universidade. Desde a segunda edición o premio estendeuse ás outras dúas universidades galegas.

venres, 20 de setembro de 2013

Coerción, represión, autoritarismo

por Susana Méndez no Sermos Galiza:


Nos últimos tempos estamos a ver cómo recrúan as accións represivas por parte dos gobernos que nos tocou padecer. Cando unha persoa, dirixente, gobernante, ou como se lle queira chamar, non tén argumentos ou razóns, entón pasa a tomar medidas que intenten silenciar as voces que, esas si, teñen a razón da súa parte.

A derradeira lección do profesor Gómez Segade

por Xosé González Martínez no xornal La Región

O profesor Xosé A. Gómez Segade xubílase da docencia universitaria . O próximo día 27 do mes que andamos, cando as badaladas da catedral compostelá anuncien as doce da mañá, entrará no salón artesonada de Fonseca para impartir a súa derradeira lección como catedrático da Facultade de Dereito. Ese día terá moita máis audiencia, porque amais dos alumnos acudirán outros discípulos que desde 1984 tiveron a sorte de formárense na súa cátedra de dereito mercantil. Mais esta non será a derradeira lección do mestre, porque os os galegos sabemos que non todo o último é derradeiro. Seguirá exercendo o seu maxisterio aquí e fóra das nosas lindes onde ten acadado notable prestixio internacional; un prestixio que na nosa Terra institucións como a Real Academia Galega, da que debería ser académico hai tempo, non souberon valorar.

Matemáticas en galego vs. matemáticas en inglés


Xa non sei cantas van, pero volvo a botar man unha vez máis do recomendable blogue da sección de galego do IES Cañada Blanch de Londres. Nesta ocasión non podo deixar de facelo porque nesa espiral de actividades que veñen realizando desde hai varios anos, tocoulle precisamente a unha relativa ás matemáticas que se desenvolveu este martes 17/09/2013 nese centro. Recibiron a visita de Nati Sánchez quen lles ofreceu un "Obradoiro de matemáticas para divertirse".
Un non pode deixar de pensar que sucedería con esta actividade en terra galega: sería ilegal baixo os parámetros do decreto para o plurilingüismo. Iso si, Nati podería ofrecernos o mesmo obradoiro nun insituto galego se o fixera en inglés. Esta evidencia é o mellor exemplo de que ata que punto vivimos baixo o goberno duns lexisladores extremistas antigalegos.
P.S.: Uns lexisladores, por certo, que non respectan nin as súas propias leis

xoves, 19 de setembro de 2013

Xosé Ramón Freixeiro Mato, “O galego necesita estabilidade na norma e dentro dela avanzarmos na aproximación ao portugués”

Teño un gusto especial polo xénero da entrevista, por iso cada vez que vexo unha, agradézoa especialmente. Desta vez é Carme Vidal quen entrevista a Freixeiro Mato para o Sermos Galiza:

Coa monumental Estilística da lingua galega (Edicións Xerais), o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato elabora unha ferramenta única que ofrece, ordanados e sistematizados, os valores expresivos do galego,a súa riqueza para a construción literaria. O libro preséntase hoxe na libraría Pedreira de Santiago coa presenza de Goretti Sanmartín, Xosé Manuel Sánchez Rei e Manuel Bragado xunto co autor.

Cunha das traxectorias máis prestixiosas no estudo da nosa lingua, Freixeiro Mato é autor, entre outras moitas obras, da Gramática da Lingua Galega (2006) en catro volumes ou de Lingua de calidade (2009).

-Vostede fala da dificultade de construír unha lingua literaria a través dun idioma desprestixiado, cal é o proceso?

mércores, 18 de setembro de 2013

Equipos de Normalización: Renovación versus desleixo

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de renovar o aspecto do seu portal web. Para o que tiñamos o costume de remexer no antigo formato isto, nun principio, despístanos un pouco pero pronto podemos comprobar que o traballo realizado tráenos un formato máis moderno e ordenado. Eran xa tantos os recursos, anuncios e actividades que nos ofrecía a CGENDL que o anterior formato web podía despistar pola gran cantidade de propostas que nos ofrecía no primeiro acceso. Agora dispoñemos dun portal máis ordenado, cos temas clasificados en varias lapelas. O resto do espazo repártese entre unha presentación de temas destacados, unha área reservada baixo o epígrafe de Actualidade, a xanela do Twitter da Coordinadora, outra de Anuncios e unha máis sobre Noticias da prensa sobre a lingua. 
En definitiva, a CGENDL, nunha mostra máis de traballo incansable tráenos outra nova alegría, unha máis da moitas que nos leva dado desde o inicio da súa andaina hai xa máis de catro anos atrás. E, cómpre recordalo, todo isto témolo sen ningún tipo de axuda institucional.
A CGENDL foi en toda a súa historia,  o maior impulsor da dignificación do traballo dos Equipos de Normalización. De vivirmos nun país normal tería que ser recibida baixo palio nos despachos oficiais. O que temos é xusto o contrario, un completo esquecemento das insitucións.
Se, pola contra, lle botamos un ollo ao panorama ao que nos ofrece a Secretaría Xeral de Política Lingüística aos ENDL, observaremos unha paisaxe desoladora: o último recurso didáctico que nos ofrece data de hai 14 meses, a última revista escolar referenciada é do curso 2010-2011, a data do último recurso para as familias ten 17 meses de antigüidade e os últimos proxectos de ENDL recollidos no apartado de proxectos premiados datan do curso 2008-09. Incluso hai un apartado adicado a aulas virtuais que desde que foi creado este espazo web alá polo 2006, a ninguén se lle pasou pola idea procurarlle algún contido para referenciar nin tampouco suprimilo por falta de contidos. Creo que non hai mellor metáfora do que sucede na práctica real do traballo dos ENDL que estes dous portais virtuis comentados aquí. Se por unha banda a CGENDL se ve na necesidade de renovar o seu web de presentación pola enorme cantidade de contidos que nos ofrece, por outro lado a imaxe da política lingüística que desenvolve a Xunta de Galicia queda perfectamente retratada aquí abaixo.


luns, 16 de setembro de 2013

E veña a marear... (e dalle)

por David Otero, no Sermos Galiza:

Andamos na soleira do novo curso e así xa que logo nos preparatorios, como quecendo, e xa tardaba en chegar unha de coma sempre por estas para poñer lío e cortar leite. Falo do señor pai que deixou un traballo en Vigo por mor de que o seu fillo tería que aprendEr, estudar, ( vivir?) galego. E claro as cornetas desa organización chamada Galicia Bilingüe, van e a todo bufo póñense a botar gasolina no lume. Xa o dicíamos nós, xa ben que avisamos de que tanto galego… ( velaí máis ou menos o que andan e veñen dicir): E collemos e nós e cabreámonos ( e non sen causa) pois somos ensinantes, mestras e mestres. Facémolo no principio de que a/o profesora é o referente central de todos os procesos educativos. E falo así de nós ( e atendan ben as e os controladores absurdos e patéticos a maior parte direi de Galicia Bilingüe e con eles o “ celoso “ entramado votante e “ enrrollado”da Consellería de Educación), porque para nós e non poucos, educadoras e educadores, mestras e mestres, educar é moito máis que instruír e polo mesmo incidimos de xeito de moita atención ( orientamos) cara á persoa do alumno/a e así reflexionamos nas dimensións sicológicas, socias e morais do mesmo, claro, da personalidade deste/a. Por isocomo ensinantes galegos cabreámonos. Pois o feito preocúpanos e en especial referido ao ámbito, espazo e tempo, do ensino galego, público,gratuito e de cualidade. Por aí vai a nosa ética.

A lingua dos nenos



O pasado mércores os rapaces de infantil e primaria volveron ás aulas para comenzar un novo curso. As cámaras da TVG achegáronse á porta dalgúns colexios para comprobar o ambiente. Se estamos atentos podemos comprobar como os entrevistadores fan as preguntas en galego, pola contra os rapaces constestan en castelán, ou se o fan en galego é cunha lingua forzada, como se estiveran a falar unha lingua estranxeira. Esta é a realidade na maior parte de Galicia, ao pé dos colexios das cidades o galego está excluído, en todo caso é unha rareza lonxana. E quen máis contribúe a que isto sexa así, é quen ten o deber de remover esta situación. A Consellería de Educación apostou decididamente polo reforzo dun espazo de exclusión do galego mediante a política lingüística que está a poñer en práctica desde o funesto decreto para o plurilingüismo e toda a farramallada que está a contruír ao seu arredor, mesmo en contra do ditame do TSXG, pero sobre todo en contra do sentir cidadán mil veces expresado desde sindicatos, ANPAS, asociacións estudiantís, partidos políticos, toda clase de organismos ou manifestacións que deixaron as rúas pequenas.

domingo, 15 de setembro de 2013

O maxistrado Francisco de Cominges impartíu xustiza cunha sentenza que fai patria

por Xosé González Martínez en Mundiario:

O dicionario galego define a argallada como unha mentira dita a mantenta co único obxectivo de conseguir un beneficio persoal por procedementos espúreos. Esta definición é a que mellor lle acae a un cidadán ourensán que quixo eludir unha sanción de tráfico por estacionar en zona limitada debidamente sinalizada: “Prohibido aparcar. Agás carga e descarga”. No seu recurso perante o xulgado do contencioso-administrativo núm. 1 de Ourense argalla a súa defensa alegando descoñecer o sginificado da preposición “agás”. O texto íntegro da sentenza podese ler en www.galeguizargalicia.com.

xoves, 12 de setembro de 2013

O espírito do 31 de xullo

Hai algunhas datas do calendario que foron escollidas para nomear todo un proxecto social e político. Un caso paradigmático é a do 18 de xullo. Todos estaríamos de acordo en que reivindicar o espírito desta data significa posicionarse contra a democracia; impoñer as preferencias e privilexios dunha minoría e apostar de cabeza polo imperialismo centralista.

martes, 10 de setembro de 2013

Houston, temos uma hipótese

por Valetim Fagim, no Sermos Galiza:


Taboo é um jogo de tabuleiro em que devemos descrever um conceito sem o nomear nem usar certas palavras na descrição, aquelas que facilitariam a identificação por parte da nossa equipa. É provável que a palavra Língua aparecerá no maço de fichas do tal jogo e atrevo-me a arriscar que os tabus serão palavras como Identidade, País, Gramática e outras similares.

Calendarios e axenda para un novo curso

Un ano máis volvemos a ver editado outro número da axenda escolar que o Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Ensino do Concello de Redondela editaron en colaboración cos centros de ensino redondeláns e a través da Coordinadora ENDL de Redondela.
Segundo informan desde os respectivos blogues, a tiraxe desta edición foi de 1600 exemplares, que se distribuirán entre o alumnado dos centros do Concello.
Con esta publicación, que se distribuirá de balde a alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO, preténdese divulgar aspectos da cultura e o patrimonio locais, salientando persoeiros redondeláns destacados, elementos do patrimonio material e inmaterial e traballos de dinamización cultural e lingüística desenvolvidos no curso pasado. Ademais inclúe coplas e refráns, onomástica en lingua galega e referencias ao patrimonio e ás celebracións de Redondela. Todo un luxo esta colaboración do SNL do concello pontevedrés co traballo dos Equipos de Normalización das escolas e insitutos. Teño a certeza de que é un punto de ánimo para todos eles.



A xeneralidade dos centros galegos non terán esa sorte, pero polo menos quédanos a achega que nos fai anualmente a CGENDL. Puntualmente recibimos os seus calendarios escolares: un anual e outro mensual, para facilitarnos o seguemento deste novo curso.


luns, 9 de setembro de 2013

El català, llengua per a tothom



Este vídeo forma parte dunha campaña da Generalitat de reafirmación da súa lingua. Un vídeo cargado de cifras que lles permite mostrar con orgullo cal é o seu lugar no mundo. Entre outras cousas proclámase que o catalán é a lingua da escola, da empresa, dos recursos da rede,...
Cómpre a comparación. Alquén é quen de imaxinar unha campaña semellante da Xunta? Nese caso teriamos que lembrar que non dou nin un paso para galeguizar o Twitter, que despois de 30 anos o mundo empresial fai un uso do galego que segue ao nível do da dictadura ou que se está a facer todo o posible para reducir o uso do galego na escola. O vídeo da campaña da Xunta tería que facerse en branco e negro. A razón principal está precisamente en que o galego non é unha lingua para os nosos gobernantes.

domingo, 8 de setembro de 2013

O comportamento lingüístico de Rosalía de Castro

por Francisco Rodríguez, no Sermos Galiza:


Imos entrar no problema do uso oral do galego por Rosalía e mesmo do escrito en actividades non literarias. A algúns pódelles parecer inexplicábel se non se atende ás circunstancias concretas da nosa sociedade entón, á determinación do pasado histórico e á perspectiva ou vontade organizada ou non da súa superación, así como ás novas determinacións e condicionantes nos comportamentos lingüísticos derivados das nova realidade do Estado capitalista e centralista. No uso literario, Rosalía superou todos os condicionantes diglósicos. A súa obra en galego non está marcada, de forma inexorábel nin cualitativa, pois non detectamos diglosia temática, nin de estruturas ou xéneros, nin de rexistros.

Emanciparnos na fala

por Xosé Lois García no Sermos Galiza:


Teño un presentimento emocional sobre o galego. A nosa fala continuará emancipando as raiceiras do noso espírito libre que ela inzou e nos ordenou en seu seo e nos pariu. E despois nos aleitou no medio hostil do ruralismo, no que nos conformou comunidade ampliada no común dunha conformidade singular, na que se entronizaron as esencias que orixinaron unha individualidade antropolóxica común, onde a fala se converteu na expresión mais lexíbel dunha comunidade estábel que veu a naturalizar a nosa nación. A propósito, non falamos de atributos ou de subxacencias formativas que emerxeron dunha antropoloxía que confirmou o estar no ser.

De blogues.12

Fala Rexina Vega (desde disimulen.com), 20/05/2013, por Xabier Cordal en Centeás
Falarás a nossa língua!, 13/05/2013, por Séchu Sende en Made in Galiza
E o mercado, Xavier?, 28/06/2013, por Alfredo Ferreiro, Levantador de Minas
Hoxe en ViaV, 05/07/2013, por Carlos Callón no seu blogue
Lingua do P: «twelve points», «douze points», 20/07/2013, en Xogos de lingua
Onte 680: A escola, para ser escola, debe ser pública, 23/07/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Sopas galegas, 01/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
O sesquipedalismo de loito, 04/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua

sábado, 7 de setembro de 2013

A navalla de Manuel a Paco Martín

por David Otero no dixital A Voz de Vilalba:

Non hai pegha. Cada ano desde o ano cinco deste século e xustamente o oito de setembro, logo do acto de cabodano, a afectos e lealdades, de Manuel María, coa presenza de tantas e de tantos e en especial de Saleta e outros membros da Fundación Manuel María, alí na Campa de Outeiro de Rei, con ofrenda floral e poética e despois cantando a unha voz o poema O Carro musicado por Mini e Mero ( estando tamén os cantores Tino Vaz, Miro Casabella, Quintas Canella e o gaiteiro nubeiro Raul Galego), collemos e imos á carballeira da Sta Isabel, lugar determinado a moi significado para o noso poeta nacional e de advocación por tal,ben sabida por todas e todos nós.Pois ben, alí ao andar das augas do río pai Miño ( con fillo ilustre de cerca o reghato do Cepelo), ano a ano e de man a man, a cada delas máis xenerosas e merecentes, celebramos o acto de entrega da NAVALLA DE MANUEL MARÍA, e así foron téndoa Alfonso B.Torrado, Mini e Mero, Camilo Gómez Torres, Avelino Pousa, Xulio Xiz, Darío X. Cabana, quen lles escribe, Valdi e este ano Paco Martín ( e direino tamén a chamo como no título de arriba PACO RAMÓN MARTÍN LAMOTE, decátanse o por que…?).

A voz de actualidade de Manuel María

por Xoán Carlos Domínguez Alberte no Sermos Galiza:


O sábado sete de setembro é un día feliz para a cultura galega. No seu lugar de nacemento, en Outeiro de Rei, inaugúrase a Casa Museo Manuel María. O completo e interesante programa de actividades pode consultarse no enlace dixital da Fundación Manuel María de Estudos Galegos: http://www.manuelmaria.com

venres, 6 de setembro de 2013

Normalización entre parafusos



Que á normalización lingüística no ámbito comercial lle queda todo por facer queda demostrado na necesidade de poñer aquí este vídeo sobre o que podemos atopar nos andeis da Ferretería Fuente. O vídeo non tería sentido se realmente o proceso normalizador estivera mínimamente asentado.

xoves, 5 de setembro de 2013

Recompilación sobre Díaz Castro

Tiña no caixón do blogue todo un listado de ligazóns sobre Xosé María Díaz Castro que me fixo ilusión revisar.


Día das Letras Galegas a Díaz Castro, 21/06/2013, RAG
Convivindo con Díaz Castro, 22/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O día no que Lois Pereiro e Xosé Díaz Castro se desvirtualizaron, 22/06/2013, por Xosé M. Pereiro en Si home si
Un poeta feito en Guitiriz, 23/06/2013, por Alfonso Blanco Torrado, A Voz de Vilalba
Díaz Castro: luz e sombra radiantes, 23/06/2013, por Luís Blanco Tosar en La Voz de Galicia
A luz de Díaz Castro, 24/06/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Díaz Castro, 26/06/2013, por Ramón Nicoclás no Caderno da crítica
Diario Cultural de Díaz Castro, 28/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O poeta das cousas pequenas, 02/07/2013, por Cristina Pérez, El Progreso
Proxecto NIMBOS, 10/07/203,por Martin Pawley en Acto de Primavera
Díaz Castro 2014, 10/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
Polos versos nimbados de Díaz Castro, 24/06/2013, por Xosé Lois García, Galicia Hoxe
A beleza feriume para sempre,16/07/2013, por Raúl Rio Díaz en Terra e Tempo
2014: Ano de Díaz Castro, 23/06/2013 por Xulio Xiz, A Voz de Vilalba
O instante eterno, documental sobre Xosé María Díaz Castro, 22/07/2013, AELG



mércores, 4 de setembro de 2013

Negra sombra



Bo vídeo para comenzar un novo curso...
Polo menos é un bo vídeo cunha boa canción da cantante de orixe palestina Najla Shami.

luns, 2 de setembro de 2013

O verdadeiro bilingüismo

por Xoán Antón Pérez Lema no xornal El Correo Gallego:

TEMOS QUE LEMBRAR seguido, no que atinxe á lingua, feitos evidentes e innegábeis. Como que o galego é a lingua propia de Galicia e dunha importante-e aínda maioritaría- parte da súa cidadanía. E, ademáis, a lingua oficial deste País, canda o castelán, na que teoricamente pódese desenvolver calquera actividade oficial e/ou privada e que entende todo o mundo en Galicia, falan e len case todos e escrebe xa unha ampla maioría. A maior abastanza, o galego e o portugués pertencen ao mesmo tronco lingüístico , o que garante na práctica unha plena comprensión dos 250 millóns de falantes desta lingua nos cinco continentes e convirte un galego verdadeiramente bilingúe que practique un bó inglés nun privilexiado europeo que manexará tres das máis faladas linguas do mundo.

sábado, 31 de agosto de 2013

Introdução à língua galega



Simpático vídeo que se anuncia como "introdução à língua galega para brasileiras e brasileiros. Aprendam a cumprimentar e a pedir uma dúzia de ovos na língua galega. Peguem lápis e papel porque aprender um novo idioma é sempre uma tarefa difícil"

xoves, 29 de agosto de 2013

Flatland





Escrito en 1884 por Edwin Abbott Abbott, Flatland, Unha Aventura en moitas dimensións, é unha novela satírica pero tamén é coñecida por facer uso das propiedades matemáticas das figuras en diversas dimensións. O protagonista, un cadrado no mundo bidimensional. Comenza describíndonos a sociedade e as leis que rexen o seu mundo. Despois de soñar cun mundo unidimensional é transportado a outro tridimensional onde se cuestiona a existencia de catro, cinco, ou máis dimensións.
Recollo aquí a serie de 8 vídeos traducida ao porltugués:

Episodio 1
Episodio 2
Episodio 3
Episodio 4
Episodio 5
Episodio 6
Episodio 7
Episodio 8

mércores, 28 de agosto de 2013

Lingua e mocidade




Entrevistas ao alumnado e ao profesorado sobre a situación da lingua galega e o Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Destácase sobre todo a importancia e a dificultade de atopar espazos de uso para o galego.
Non é a primeira vez que recollemos aquí un vídeo do IES Rodeira , lembremos o cariño de Carmiña, a profesora de matemáticas canaria e o seu cariño ao galego.

martes, 27 de agosto de 2013

Si un sol alumne ho demana



Un polémico auto do Tribunal Superior de Justícia de Catalunya indicaba que se debería impartir a clase en castelán se só un alumno o requería. Con esta decisión volvía a cuestionarse o modelo lingüistico escolar de Cataluña ao tempo que a sociedade mostraba a súa indignación polo novo ataque á súa lingua.
O punto central da cuestión non está en que un alumno teña dereito a recibir clase en castelán, dereito que xa tiña garantido, senón, que o seu desexo deba impoñerse ao resto dos compañeiros que, polo que se ve nin teñen ningún dereito. Velaí outra vez o racismo lingüístico, onde unha lingua, o español, está impoñéndosenos ás outras do estado. Sobra comentar que a situación no ensino da lingua galega é incomparablemente peor á do catalán. Entre outras cousas porque na TVG non emiten documentais coma este, programado pola TV3.

sábado, 24 de agosto de 2013

Xotramu: xogos tradicionais



Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta) leva tempo xa no labor de recuperar os xogos tradicionais galegos. Neste vídeo temos algúns aspectos da V edición da Festa de Xogos Tradicionais. Nel explícanse as regras dalgúns deses xogos.
Xotramu ten recompilados máis de 40 xogos tradicionais. Dalgúns deles temos incluso a descripción en vídeo como é o caso da porca, dos bólos ao canteiro, a malha, o zurriagazo, ou outros

Se trouxen ata aquí as actividades de recuperación dos xogos tradicionais realizadas por Xotramu é máis que nada porque se trata tamén da recuperación da nosa identidade e de algo fundamental e que os de Muimenta nos poden ensinar a todos: a transmisión do saber cultural ás novas xeneracións.
A perda dos xogos tradicionais é paralela a outra perda maior e que a contén. É a perda da nosa identidade e dos nosos valores culturais. En Galicia temos completamente abandonado o coidado de nós mesmos, o amor propio. Este desleixo é tanto como a morte en vida.

xoves, 22 de agosto de 2013

A palabra do día


Either scripts and active content are not permitted to run or Adobe Flash Player version 10.0.0 or greater is not installed.

Get Adobe Flash Player


Nesta aplicación aparece unha nova palabra ou construción en inglés cada día xunto coa súa pronuncia e un exemplo de uso xunto coa súa tradución ao portugués.
Unha forma de que os galegos poidamos achegarnos ao inglés. Non se se a isto na Consellería de Educación lle chamarían plurilingüismo.

luns, 19 de agosto de 2013

Orella pendella. Chuchurruchú vs. touporroutou

Orella pendella é o portal da literatura popular infantil de Galicia mantido por Carlos Yus. O seu obxectivo é que este noso patrimonio siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. A razón de ser deste proxecto é que debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente.
Orella pendella pon o foco onde nun punto fundamental pero moi pouco coidado na normalización lingüística e nada traballado desde a administración: a transmisión interxeneracional. A contribución da Xunta neste aspecto consistiu nun decreto que deixou prácticamente a cero o ensino infantil en galego na maior parte das escolas.


Como o que eu atopei na Orella pendella foron pequenas e agradables sorpresas, véxome na obriga de recomendar un pausado paseo por este portal. Por poñer un par de exemplo, eu un bater con este recitado que tiña esquecido, e que me contaban cando era cativo en Ribeira. Na variante que eu coñecía, no canto dun diálogo cunha terceira persoa no chuchurruchú ¿a onde vai a vella?, lembro outro no que o diálogo era coa propia vella e con outro retrouso: touporroutou, a onde vas vella?

Tamén teño esta variante de recitado para aloumiñar, desta volta da Estrada, para xogar coas criaturas:
Este queixo, queixolán
esta boca pide pan,
este ollo "pispirete",
este, irmau deste,
este "naris", "narisete",
Arríncohe! cabalete
Explicación:
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o naríz

sábado, 17 de agosto de 2013

SurfGZ




Unha canle para Noticias galegas de surf, longboard, bodyboard e paddle surf, iso é SurfGZ
Trátase dun portal moi completo, no que se poden seguir as novas desta curiosa modalidade deportiva de moitas formas distintas. Por poñer un exemplo ten a posibilidade de buscar as novidades en formato blogue.
Chama a atención a gran cantidade de entidades de empresas amigas que axudan a esta actividade.
Unha actividade promocionada polos surferos galegos é a chamada á ecoloxía con iniciativas tales como limpeza de praias ou o apoio á iniciativa para declarar o Monte Pindo como Parque Natural
A un que vive completamente alonxado deste mundo alégralle especialmente que a xente do surf galego viva a súa a afición na nosa lingua.

xoves, 15 de agosto de 2013

Arte & Matemática



Documental dirigido por Sérgio Zeigler, realizado pola TV Cultura e TV Escola.
Neste blogue podemos acceder a unha breve descrición dos 13 programas desta serie, acompañados todos dunha ligazón desde a que podemos descargar o vídeo, aínda que non é dificil atopalos en diversas canles de You Tube.
Neste primeiro capitulo da serie explícanse os principais conceptos a desenvolver. A idea subxacente é que as matemáticas son unha forma de expresión inherente á especie humana.

luns, 12 de agosto de 2013

Minuto da física: E=mc² está Incompleta



Como estamos vivindo baixo esta bafarada apestosa e insoportable chamada decreto para o plurilingüismo, que prohibe impartir aulas de ciencias en galego, resulta que é imposible acceder a materiais para o ensino non universitario en galego (o universitario sempre estivo protexido contra o galego e non precisa destes muros). Para dar algo de aire cómpre que tomemos como nosos os recursos que nos achega a lusofonía.
Supoño que de moitos é coñecido a canle MinutePhisics, e que podemos ver eses vídeos con subtítulos en moitas linguas. Nalgún caso acharemos algún vídeo, como o que explica por que a noite é escura, coa posibilidade de seguilo subtitulado en galego (apareceranos por defecto esta opción se temos o YouTube configurado en galego). Máis probable é dar cos subtítulos en portugués, ou incluso teremos a posibilidade, que de certo se irá ampliando cada vez máis, de acceder a vídeos como o que se presenta aquí, da canle MinutoDaFísica, que podemos seguir completamente en portugués.
Xa lle vou collendo eu o punto ao plurilingüismo ese.

P.S.: se escollín este vídeo precisamente foi pola fermosísima maneira en que se fai uso do teorema de Pitágoras para explicar un tema científico. Xa o dicía Galileo: "a naturaleza é un libro que está escrito en linguaxe matemática"

sábado, 10 de agosto de 2013

GZmusica



Velaquí a súa presentación:
Somos unha nova web dedicada á música galega e pretendemos achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica.
Un portal web, música, vídeos, infomación sobre concertos, eventos, artigos, canle de radio, festivais, críticas de discos, un cartafol cheo de música galega para descargar de balde,..é o webzine sobre a música galega, é GZmúsica

Tamén no facebook e en Twitter ou na súa propia canle de YouTube

xoves, 8 de agosto de 2013

Calcule mais: Noção intuitiva de limites



Vadeir Vioti, estudante de enxeñería, despois de coñecer o material da Khan Academy, pensou en que podía aproveitar esta idea para facer realidade o seu soño: ensinar matemáticas a persoas sen posibilidades económicas. Elaborou así 600 vídeo aulas que hoxe son seguidas diariamente por máis de 4.000 persoas.
O portal de acceso é Calcule mais. Temos aquí unha enorme colección de materiais para o ensino mediante material audiovisual e que pode ser aproveitado desde Galicia por seren creados en portugués. Outra vez batemos de frente cunha posibilidade de aprendizaxe que o funesto decreto 79/2010 rexeitaría por tratarse de aprendermos matemáticas nunha lingua distinta do castelán.

luns, 5 de agosto de 2013

O exemplo chega de lonxe



Desde o 1987 véñen celbrándose cursos de lingua e literatura galega para estranxeiros na USC.
Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura. Os vídeos que se presentan aquí foron gravados por tres compañeiros dun instituto coa intención de elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual.
Os autores dos documental declaran que "probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable."
Coñeceremos a Katalin Gyulai (Hungría), Federigon Ghegin (Italia), Aurora Cosin (Valencia), Pavel Usov (Rusia), e a  Eugenia Regina Romero (México)



Neste segundo vídeo, Manuel González, que no momento da gravación do vídeo era o director dos cursos que a USC impartía a estranxeiros, explica a trascendencia destes cursos. Tamén podemos escoitar unha moza galego-falante que non é precisamente de Burela .



No terceiro vídeo: Eugenia Regina Romero, Katalin Gyulai e Aurora Casín





Aurora Cosín, Elvyne Goulmant, Federico Ghegin falan das súas cidades. Katalin Gyulai, Federigo Ghegin, Aurora Cosin  falan de literatura galega. Finalmente podemos escoitar as preocupacións destes estudantes polo esfarelamento das identidades colectivas de lugares como Normandía


A polaca Paulina Ceremuszynska cántanos en galego,.. e a despedida.
Dende hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura.
Hai xa algún tempo tres compañeiros de instituto gravamos unha reportaxe sobre estes cursos. Dado que os que realizamos o vídeo traballamos no ensino, a nosa intención era elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual. Probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable. Ogallá vos guste e moitas grazas aos amigos estranxeiros, pero xa fillos de Galiza, que participaron no documental.

sábado, 3 de agosto de 2013

Táboas

Aínda que a min iso do deporte me colla moi lonxe, hai xa tempo que teño o deber de me referir a un medio centrado no deporte galego e, o que é máis importante, redactado en galego. Trátase de Táboas, dixital que invito a que sigan os atolondrados por iso do xogo.
As intencións do Equipo Táboas son merecentes de gabanza:

“once homes de pantalón curto que son a espada do barrio, a cidade ou a nación”. Dende Táboas queremos ser eses reporteiros de guerra que traian as noticias dos heroes do deporte galego, tanto do propio fútbol como do baloncesto ou o hóckey. Sexan galegos ou estranxeiros, xoguen no noso país ou nas antípodas; en Táboas, todos os deportes e os seus protagonistas atopan o equilibrio

Pódense seguir desde a súas actualizadísimas contas de facebook ou Twitter

xoves, 1 de agosto de 2013

por Mercedes Queixas Zas, no Sermos Galiza:


De entre todas as puntuais citas que cada ano convocan ao sector sociocultural vertebrado ao redor da industria que xera e promove o libro e a lectura hai unha que ten unha identidade ben definida: a entrega do Premio Biblos-Pazos de Galicia.

A soma das medidas dos ângulos em um triângulo é 180°. Ciencias en portugués.



Noutra entrada anterior xa falamos do material da Khan Academy traducido ao portugués por Portugal Telecom e que está a ser divulgado pola Sociedade Portuguesa de Matemática.
Daquela, nese portal dispoñíamos de 70 vídeos traducidos ao portugués.
Agora fun dar con outro portal que debe ter aproximadamente uns 300 vídeos da Khan Academy tamén traducidos ao portugués por medio da Fundação Lemann. Ademais hai outros poucos centos de vídeos de bioloxía, física e química. Todo un mundo de utilidades para ese mundo arrasado polo decreto para o plurilingüismo que é o ensino das materias de ciencias en galego.

Escollín para esta entrada a demostración de que a suma dos ángulos dun triángulo é de 180º, un teorema que é equivalente ao V postulado de Euclides. A aventura deste teorema no transcurso da historia levaríanos a facer un repaso da xeometría desde a antigüidade ata o desenvolvemento da teoría da relatividade no século XX. Hai un libro, marabilloso, que trata xustamente esta idea: Historias de espacio, de Jaremy Gray, editado por Mondadori (1992).