Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 21 de maio de 2016
iFala
iFala from Illa Bufarda on Vimeo.
Despois do iMac e o iPad, chega a iFala
É ben certo que de non haber Irmandades hoxe tampouco teríamos aos Poetarras. Agora os Poetarras devólvenlle ás Irmandades parte do que son.
17M: vida para o galego
por Mónica Pazos, no Sermos Galiza:
Este 17 de maio Queremos galego voltounos a convocar a unha manifestación polo galego. Baixo o lema O idioma é a vida a xente encheu a praza da Quintana. Este ano foi diferente. Por un lado, celebramos o centenario das Irmandades da Fala; por outro lado, o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas era Manuel María, unha persoa que participou activamente das reivindicacións en defensa da lingua. Un autor coñecido e recoñecido, un autor querido. Isto viuse na alegría da xente e no carácter festivo da manifestación.
No centenario das Irmandades, o compromiso de Antón Villar Ponte coa lingua galega
por Emilio Xosé Ínsua nas Voces de ProLingua:
Sería reducionista focar toda a relevancia e transcendencia histórica das Irmandades da Fala unicamente na figura do seu promotor inicial, o viveirense Antón Villar Ponte (1881-1936), mais non cabe dúbida de que ao seu persoal compromiso coa causa da lingua deben aquelas non só o seu nacemento en maio de 1916, mais tamén un pulo constante e non poucas das súas actividades e iniciativas máis sobranceiras.
venres, 20 de maio de 2016
As ideas sobre a lingua das Irmandades da Fala. Un proxecto pioneiro de planificación lingüística sobre o galego
Na entrada de onte falaba da enorme importancia das Irmandades no proceso de normalización da lingua galega. Hoxe engado unha explicación demorada e ben fundamentada. Quen lera o libro de Goretti Sanmartín, Nos camiños do entusiasmo, pode xa ter unha idea do contido da conferencia que presentamos aquí. Quen non o fixera, terá na visualización deste relatorio, unha excelente invitación a facelo.
A conferencia forma parte das impartidas en Betanzos baixo o paraugas do Anuario Brigantino. Non foi a única sobre as Irmandades progamada no pasado mes de marzo. Tamén contaron con Xesús Torres Regueiro, con Xesús Alonso Montero e con Carlos-Caetano Biscainho Fernandes
http://anuariobrigantino.betanzos.net/
xoves, 19 de maio de 2016
E a Xunta non celebrou o centenario das Irmandades
![]() |
| Tirado do novo portal de ProLingua |
Nun edificio da rúa Rego de Auga, na Coruña, foi onde hai cen anos se celebrou a xuntanza fundacional das Irmandades. Cen anos despois a Deputación da Coruña celebrou unha homenaxe acompañando a familiares dalgúns membros das Irmandades como Elvira Varela Bao, filla de Elvira Bao Maceiras e de Bernardino Varela. [1], [2]
O Consello da Cultura Galega (CCG) publica un Álbum das Irmandades da Fala coas biografías dos irmáns Villar Ponte, entre outras. Esta achega forma parte dos actos do centenario das Irmandades que celebrarán conxuntamente co CCG a RAG e o Museo do Pobo Galego e a Deputación da Coruña entre os que haberá varios seminarios e dúas exposicións (unha sobre as corais no tempo das Irmandades e outra adicada ao Alba de Gloria)
A RAG tamén comenzou a desenvolver o seu compromiso de divulgación da obra das Irmandades publicando unha edición dixital dos fondos que ten a Academia sobre este movemento social. Así, a RAG tamén celebrou xunto co Concello da Coruña un acto de conmemoración do centenario. Tamén o concello de Santiago programou toda unha serie de actividades... ProLingua, RAG, Deputación, CCG, concellos da Coruña, Santiago, ... e a Xunta? Pois a Xunta, mirando para outro lado, non fose a ser que se notara moito o desprezo de non lle dar a importancia que merecía a data de onte.
mércores, 18 de maio de 2016
Unha pancarta e un momento máxico
De entre todas as pancartas que se vían na manifestación de Queremos Galego! do día de onte, destacaba sobre todo unha, a desta foto. Non era a máis grande, nin a de cores máis vistosas, pero era a que mostraba un maior sentimento. Ao vela puiden imaxinar como foi construída. O seu autor foi uns días antes a unha copistería a que lle fixeran unha ampliación do texto, preparou a montura, e sobre ela pegou con todo coidado a mensaxe. Meteuna no maleteiro do coche e paseouna, cunha actitude profundamente democática, polas rúas de Santiago ata chegar á Quintana. Pegaba un sol forte, pero el mantívose no seu posto ata o final, para que todo o mundo tomara conciencia da situación real da lingua galega, para poñer en evidencia unha política lingüística de agresión ao galego. De veren esta imaxe, pregúntome cal será o sentimento que lle percorre o corpo a persoas como Valentín García, Román Rodríguez ou Núñez Feijóo.
Un momento máxico
Na parte positiva, e falando da manifestación, para min houbo un momento realmente máxico. Cando entraba na Praza da Quintana, completamente ateigada de xente, Mini e Mero comenzaban a tocar O carro. Toda esa masa de xente, cunha soa voz, cantaba a letra da canción. Manuel María había de estar orgulloso de todos os que alí estabamos.
Conflito lingüístico
por Ramón Varela Puñal, no Sermos Galiza:
Alá pelos anos 80 do século XX costumava-se afirmar que o problema lingüístico de países como Galiza, Euskadi e Catalunya era um problema de diglossia, ou seja, de desnível entre duas línguas numa determinada coletividade: a língua A, que é a língua de prestígio, de poder, a língua na que se leciona o ensino, a língua que se utiliza em contextos formais e mais solenes; e a língua B, a língua íntima, familiar, a língua que se emprega em contextos informais, como nas relações com a família ou os amigos, a língua desvalorizada entre os utentes dessa língua. Distinguir-se-ia-se do bilingüismo em que neste se utilizariam as duas línguas com um nível semelhante de competência para todas as funções. A solução pregoada e implantada, formalmente, em países submetidos, como o nosso, foi o bilingüismo, que, além de teoria lingüística de equilíbrio das línguas, é uma ideologia ao serviço do poder de turno para poder assimilar mais facilmente a língua dos povos com factos diferenciais que não foram capazes de borrar por meio da repressão, que no caso de Galiza dura já mais de 500 anos. Agora pretendesse conseguir o mesmo objetivo por meio do sistema democrático e prevalendo-se da grande potência dos meios de comunicação de massas, que espalham os usos e costumes dominantes e afogam a diversidade e a diferença.
Cen, oitenta, sesenta, cuarenta…
por Pilar García Negro, no Terra e Tempo:
Hai cen anos. O mes de Maio de 1916 coñece a fundación das Irmandades da Fala, na cidade da Coruña, da man de Antón e de Ramón Vilar Ponte. Esta recordación fará o número ………….. (poña a leitora, o leitor, a cifra que quixer) das que se levan feito no que vai de ano andado. Esta que aquí figura quer pór a énfase nunha tríade conceptual e reinvindicativa que sela as credenciais deste movemento desde o seu nacemento: lingua; economía; institucións ao servizo da sociedade galega:
martes, 17 de maio de 2016
domingo, 15 de maio de 2016
#fotolingua
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela organiza o concurso #fotolingua, que ten como obxectivo darlle visibilidade aos establecementos comerciais que fan uso do galego nese concello.
Para participar hai que facerse seguidor da conta de Facebook ou Instagram da iniciativa e subir unha fotografía na que se evidencie o uso do galego nos establecementos comerciais, hostaleiros ou empresas de Santiago (cartelería, escaparates, elementos decorativos, letreiros, etiquetaxe, sinalética...). endadindo unha explicación do lugar no se se fixo a foto e a etiqueta #fotolingua e/ou #ogalegovende.
Pódense consultar aquí as bases completas do concurso. Non hai dúbida de que é unha moi boa iniciativa.
Hai tres anos, desde o ENDL do IES Pintor Colmeiro fixéramos un estudo sobre a paisaxe lingüística da vila (Silleda) que lle presentáramos á asociación de comerciantes e ao concello. Unha mágoa que finalmente non saíra nada de proveito de todo aquel esforzo, algo como esta iniciativa do concello compostelán.
Etiquetas:
comercio,
concello,
concurso,
cousas,
empresa,
Equipos Normalización,
Normalización,
paisaxe lingüística,
Santiago de Compostela,
Silleda,
SNL,
vídeo
Os colos
por María Cobas, en La Voz de Galicia:
Hai quen vive en Galicia e despois de 10 anos vivindo aquí, aínda che di que non entende o galego. Que digo eu que aínda que só sexa por costume, algo a orella debería acostumarse xa...
sábado, 14 de maio de 2016
'O galo' do CEIP Milladoiro
Fantástica e divertida esta peza audiovisual que nos chega do CEIP Milladoiro. Rapaces e alumnos do colexio pásano ben bailando coa música de Pirilampo, tirado do seu traballo Teatro de Guiñol, no que recrean o peoema de Manuel María O galo
Ben se ve que a rapazada gozou cantando e bailando, é a mellor forma de que aprendan a estar orgullosos da nosa lingua.
Ben se ve que a rapazada gozou cantando e bailando, é a mellor forma de que aprendan a estar orgullosos da nosa lingua.
venres, 13 de maio de 2016
Vivindo en galego
O traballo que está a facer a Coordinadora de ENDL do Morrazo é enorme. Aquí só unha píldora do inconmensurable blister de ideas, propostas e tecedeiras de coordinación que fai este irredutiible grupo de normalizadores. Trátase dun vídeo no que distintos profesionais destacan o valor da lingua no seu traballo. Todos eles están orgullosos do que fan, de estaren vivindo en galego.
xoves, 12 de maio de 2016
Moito máis Manuel María
Manuel María xornalista
Antonte o Colexo Profesional de Xornalistas de Galicia presentaba conxuntamente coa RAG e a SXPL unha alfaia sobre Manuel María: o web 'Manuel María xornalista'. O máis destacable deste portal é unha escolma de máis de 30 artigos xornalísticos do escritor publicados entre os anos 1978 e 1992.
365 días para Manuel María
365 días para Manuel María é un blogue adicado en exclusiva ao protagonista do Día das Letras deste ano.
Nel podemos acceder a unha chea de poemas que, ademais de etiquetas habituais sobre os temas ou títulos en relación co poema (como lingua ou fala), tamén poden consultarse por ano de publicación.
Roteiros Manuel María
Así, en plural. O primeiro é un roteiro para facer en coche pola Terra Chá (son 170 km).
Neste mapa, tirado de Loli Romasanta, temos marcados os puntos de interese a percorrer.
E no seguinte vídeo temos un percorrido visual do roteiro
Unha segunda alternativa é un paseo por Monforte de Lemos, a vila na se se asenta Manuel María a partir do ano 1957 e na que reside a maior parte da súa vida. Alí abriría a súa librería
https://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual2/pluginfile.php/33027/mod_resource/content/0/MMM.pdf
Máis Manuel María
As novas e programas que emitea TVG adicados a Manuel María poden seguirse aquí
Pero se alguén busca recursos sobre este autor, o mellor é que consulte no web da Coordinadora Galega de ENDL, que coma sempre, é o lugar de referencia nestes asuntos
Antonte o Colexo Profesional de Xornalistas de Galicia presentaba conxuntamente coa RAG e a SXPL unha alfaia sobre Manuel María: o web 'Manuel María xornalista'. O máis destacable deste portal é unha escolma de máis de 30 artigos xornalísticos do escritor publicados entre os anos 1978 e 1992.
365 días para Manuel María
![]() |
| Cabeceira do blogue 365 dñias para Manuel María |
Nel podemos acceder a unha chea de poemas que, ademais de etiquetas habituais sobre os temas ou títulos en relación co poema (como lingua ou fala), tamén poden consultarse por ano de publicación.
Roteiros Manuel María
Así, en plural. O primeiro é un roteiro para facer en coche pola Terra Chá (son 170 km).
Neste mapa, tirado de Loli Romasanta, temos marcados os puntos de interese a percorrer.
E no seguinte vídeo temos un percorrido visual do roteiro
Unha segunda alternativa é un paseo por Monforte de Lemos, a vila na se se asenta Manuel María a partir do ano 1957 e na que reside a maior parte da súa vida. Alí abriría a súa librería
https://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual2/pluginfile.php/33027/mod_resource/content/0/MMM.pdf
Máis Manuel María
![]() |
| Web da CGEDNL adicado a Manuel María |
Pero se alguén busca recursos sobre este autor, o mellor é que consulte no web da Coordinadora Galega de ENDL, que coma sempre, é o lugar de referencia nestes asuntos
mércores, 11 de maio de 2016
20 cancións de Manuel María
A xente do ENDL do IES Val do Tea (Ponteareas) tivo a feliz idea de facer esta recompilación (ou lista de reprodución, como se lle chama no You Tube) de cancións sobre poemas de Manuel María. Nesta lista temos cancións de Roi Casal, Uxía Senlle, Fuxan os Ventos, Mini e Mero, Xardín Desordenado, A Quenlla, Fran Amil e a Tribo incomprensíbel, Magín ou Suso Vaamonde. Boa recollida.
O Quixote portátil, a SECC e nós
por Pilar García Negro, no Sesrmos Galiza:
Non hai político español que se precie que non teña a man algunha cita do Quixote (non galeguizo o nome; escréboo na súa grafía orixinal). Toca este ano, en que se celebra o cuarto centenario da morte do seu autor. Chámame a atención, porque sospeito que unha ampla maioría dos que o citan non o leron, mais, considerándose -cousa habitual- máis intelixentes, ou máis sabios ou, desde logo, máis habelenciosos do que o común dos mortais, non teñen reparo en levaren no peto, convenientemente preparada, a cita ad hoc, para soltárena no momento oportuno. A min daríame apuro citar algo que non lin, mais eu non conto, pois ando pola vella, son daqueles tempos en que se nomeaba algo coñecido por unha mesma e non preparado polo asesor correspondente (ou polo Google idem). Dáse así o caso de que o grande escritor veu a este mundo para subministrar, catrocentos anos despois, o verniz pseudocultural dos prestidixitadores de turno. Claro é que son eles os que se definen e non o antepasado que utilizan.
martes, 10 de maio de 2016
Corazóns para a manifestación do 17 de maio
Mediante unha serie de vídeos enmarcados en corzóns, a Plataforma Queremos Galego! está divulgando a convocatoria da manifestación do 17 de maio que sairá ese día da Alameda de Santiago.
Neste vídeo é a asociación da Universidade Popular de Corcubión, quen realiza a invitación.
O manifesto da manifestación deste ano fai referencia a un dos versos do poema 'A Fala' de Manuel María.
Vémonos de hoxe en oito días.
Busco banco rendíbel: que atenda en galego
por Xaquín Campo Freire, no Sermos Galiza:
“Eu son”… un outro Balbino. Fun un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais son pensionista. Non teño aforros importantes nin se me perde ren en Panamá. Porén, teño unha moi rica herdanza. Un patrimonio considerábel pero moi vulnerábel: A lingua e cultura galegas. Con elas abrinme ao mundo, a todas as persoas e ás súas linguas e formas de expresión. E son dun pobo e teño un NÓS.
luns, 9 de maio de 2016
Un espello para a zunia
O pasado 04/05/16, no programa 'A Tarde' da Radio Galega, a periodista Cristina García quixolle facer unha entrevista ao produtor musical Julián Ruíz que está promocionando un libro da que é autor. En menos de dous minutos pódese comprobar a prepotencia centralista acompañada da falta de respecto a todo un pobo.
Custoume traballo poñer isto aquí (non quería lixar este portal), pero se finalmente o puxen foi para que a zunia teña un espello no que mirarse.
domingo, 8 de maio de 2016
Correlingua 2016 en Vigo
Moi guapo este vídeo do desenvolvemento do Correlingua deste ano en Vigo coa música de Zënzar de fondo.
Etiquetas:
Correlingua,
música,
vídeo,
Vigo
sábado, 7 de maio de 2016
The Galician language in education in Spain
O European Research Centre onMultilingualism and Language Learning publicou este pasado mes de abril o informe The Galician language in education in Spain [ 2nd Edition] elaborado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas en colaboración con Andrea Expósito Loureiro. Para facer unha invitación a consultar a publicación vou destacar catro cousiñas da mesma.
Os seguintes gráficos están elaborados a partir dos datos do IGE. No primeiro preséntase a evolución do uso principal ou exclusivo de galego e castelán no período 2003-2013 para nenos de 5 a 14 anos. Vemos como a pendente de descenso de emprego do galego se incrementou no último sexenio estudado.
Os seguintes gráficos están elaborados a partir dos datos do IGE. No primeiro preséntase a evolución do uso principal ou exclusivo de galego e castelán no período 2003-2013 para nenos de 5 a 14 anos. Vemos como a pendente de descenso de emprego do galego se incrementou no último sexenio estudado.
Neste outro gráfico preséntasenos o mesmo estudo para a etapa de 14 a 25 anos:
Un dos feitos que se destacan é que:
Os estudantes, que na teoría están nun sistema escolar bilingüe, usan cada vez menos o galego mentres incrementan o emprego do castelán. O uso do galego nas etapas infantil e primaria decreceu case un 15% en só dez anos.
Unha cuarta cuestión fai referencia a unha redución sistemática do galego no ensino e a falta de garantías dun profesorado competente no uso da lingua galega:
Suponse que a eliminación do Decreto sobre a regulación do uso e promoción do galego no sistema educativo[decreto 124/2007] e a introdución do Decreto do Plurilingüismo [decreto 79/2010] causaría un retroceso en termos de ensino do galego, debido á desaparición das escolas monolingües e á redución do tempo adicado no ensino en galego. Esta redución sistemática do uso do galego foi acompañada por outra política que afecta negativamente ao galego, estámonos referindo á supresión dos exames de comprensión do galego nas probas de acceso ao profesorado.
venres, 6 de maio de 2016
Olas del mar de Vigo
Circula estes días polas redes sociais esta imaxe dunha páxina dun libro de texto da materia da FP Básica, Comunicación e sociedade I.
Outra consecuencia máis do funesto decreto do plurilingüismo.
Manuel María vai pola vila
por David Otero, en La Voz de Galicia:
Foron moitas veces as que o poeta Manuel María (a quen se lle adican as Letras Galegas deste ano) estivo na nosa vila da Estrada. Que recorde as veces máis salientables forono as moitas na AC A Estrada, tamén por cando o tema da nosa Lingua no Colexio do Foxo, na manifestación que houbo na vila, nas Xornadas de Manuel García Barros, por cando quedou deserto o Premio Literario e coido que a última foino por cando as alegacións e argumentos veciñais ao encoro de Arca.
xoves, 5 de maio de 2016
Manuel María. Aquí!
Este sábado 07/05/17, a Asociación Cultural Vagalumes organiza un paseo poético con Manuel María, que comezará o 11:00 h. da mañá. Todo aquel que queira participar pode unirse á comitiva que percorrerá dez establecementos comerciais da vila, en cada un deles os asistentes ao acto recitarán poemas do protagonista do Día das Letras deste ano.
Quixera destacar que os comercios interesáronse vivamente pola iniciativa e ofreceron todo tipo de facilidades e colaboración para o desenvolvemento da iniciativa. Se pasades estes días pola Estrada veredes este logo no establecementos colaboradores. Como o roteiro vai ser gravado para para editar un vídeo conmemorativo do acto, esperamos que sen moita tardanza poderemos dar a noticia da divulgación da peza audiovisual.mércores, 4 de maio de 2016
Foro do Burgo de Caldelas en #galicia100
Henrique Monteagudo fálanos este documento, o foro do Burgo de Caldelas, un dos primeiros textos escritos en galego que conservamos. Foi elaborado no século XIII e é unha das escasas mostras orixinais da importante vida municipal da época.
Este vídeo é unha produción da exposición Galicia 100 do Consello da Cultura Galega.
100 obxectos para explica un pais, no Praza Pública
Galicia 100: un gran proxecto para contar a cultura galega, por Manuel Gago en Capítulo 0
martes, 3 de maio de 2016
Queremos galego!
O obradoiro de música do IES As Barxas (Moaña), dirixido por Seso Durán, elaborou tanto o vídeo como a canción que é un berro pola normalización: Queremos galego!. O galego que está prohibido nas aulas, o que está excluído na administración de xustiza, reducido na administración local.
Unha peza que ben quererías para si moitos profesionais. Unha proeza.
Unha peza que ben quererías para si moitos profesionais. Unha proeza.
Etiquetas:
cousas,
Moaña,
música,
Normalización,
vídeo
luns, 2 de maio de 2016
Pasos para o ensino do portugués na secundaria
Docentes de Português na Galiza, Academia Galega da Língua Portuguesa e a Associaçom Galega da Língua promoveron a realización deste vídeo de difusión dos pasos a seguir para a impartición de portugués nos centros de ensino secundario.
domingo, 1 de maio de 2016
De blogues.56
- Félix de Azúa contra a miña avoa e a Beleza, 11/04/16, por Fran P. Lorenzo en Un país en lata
- Presentación do libro Fontán de Marcos Calveiro, 12/04/16, no blogue do ENDL do CPI Domingo Fontán (Portas), Portalingua
- U-LA LINGUA GALEGA?, 15/04/16, en Camiño longo
- Entrevista a Daniel Bernardo, estudante de galego no IES Padre Sarmiento, 18/04/16, en Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo
- Onte 1647: Trinta anos da Mesa, 19/04/16, por M. Bragado en Brétemas
- A forza que vén de lonxe - XII: media ducia de golpe, 22/04/16, por Suso Acevedo en El toupo que fuza
- Grazas, 27/04/16, por César Lorenzo Gil en Dúbidas do galego
- Coñeces o «lettering»?, 29/04/16, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
- A bandeira galega en Vigo. Terra ceibe!, 29/04/16, por Xurxo Martínez González no blobue O marmurio das ondas
- Artigo de colaboración en Que pasa na Costa. Diario dixital da Costa da Morte (I): «Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López», 29/04/16, por Miro Villar no seu blogue As Crebas
sábado, 30 de abril de 2016
A Chave e a artesa
A Chave
A carta de presentación do proxecto A Chave é un canto á normalización:
A artesa
A artesa nace dos XVIII Encontros para a Normalización. Consiste nunha caixa de recursos que nos permitirán crear espazos propios para o galego:
A carta de presentación do proxecto A Chave é un canto á normalización:
O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua galega. A Chave quere contribuír a que abandonemos os vellos prexuízos lingüísticos e, antes polo contrario, que sexamos unha sociedade con maior consciencia lingüística, máis animada a coñecer e a usar o galego.Polo de agora A Chave ofrece unha colección de léxicos de elaboración propia cos nomes galegos das algas, os cogomelos, as bolboretas, os anfibios, os réptiles, as aves e os cetáceos. No futuro tamén teñen previsto traballar na elaboración de dicionarios. Ademais, A Chave ofrece un directorio coas ligazóns a sitios web de referencia do ámbito da lingua, a cultura e a sociedade.
A artesa
A artesa nace dos XVIII Encontros para a Normalización. Consiste nunha caixa de recursos que nos permitirán crear espazos propios para o galego:
- Alí (recursos para a educación infantil)
- Apego (para as familias de nenos de ata 6 anos)
- Bilega (Base de datos do Centro Ramón Piñeiro)
- bUSCatermos (base de datos de terminoloxía)
- kit para a normalización en rede (ferramentas para a planificación lingüística)
- CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)
- ILG (Instituto da Lingua Galega, especialmente os seus recursos)
- Bibliotecas escolares de Galicia da que se destacan algúns recursos como a recompilación de materiais sobre a ciencia en galego,
- Orella Pendella (ditos, recitados, cancións,...)
- SXPL (sen comentarios), o Portal das palabras (unha iniciativa de difusión da lingua da RAG), o Proxecto Trasno (un proxecto a través de internet que traduce ferramentas informáticas ao galego)
- Toponimia de Galicia (recursos sobre os nomes dos lugares de Galicia)
venres, 29 de abril de 2016
Regueifeiros e bertsolaris
Os bertsolaris son algo así como os regueifeiros vascos. Podemos ver con envexa como organizan un campionato nacional de bertsolaris e a emoción con que o viven, emoción derivada do orgullo polo propio.Velaquí unha excelente idea: poñer en contacto o espíritu bertsolari co espíritu regueifeiro, e con boas doses de humor abrir un espazo común entre ambas culturas. De aí o neoloxísmo regueibertso, que ata nos leva a pensar na poesía.
Quen o fixo? Pois o IES Marco co Camballón (Vila de Cruces), o IES Xulián Magariños Negreira (Baio) e o IES de Arratia. Parabéns a todos.
Co rexeitamento que me produce o fútbol aínda fun quen de dar visto o vídeo. Así que se o vin eu, debe velo todo o mundo. Non é o único desta collección. Polo momento hai un par deles máis: Ligando e Nomes galegos
Esta entrada permíteme ademais compartir un vídeo que vin hai tempo, e que non tivera ocasión de insertar por aquí:
xoves, 28 de abril de 2016
Unha arpa para a segunda edición do Día da Ciencia en Galego deste curso
A CGENDL proxectara este curso dúas vídeoconferencias para celebrar o Día da Ciencia en Galego, unha dirixida ao alumnado de secundaria e outra para o de primaria. A primeria delas celelebrouse o pasado 4 de novembro, e nela participaron 109 centros e 6600 alumnos e estivera protagonizada polo profesor da Unversidade da Coruña, Xurxo Mariño. A de primaria adiouse no tempo, pero finalmente tivo lugar o pasado martes 26 de abril. Nela a profesora de tecnoloxía Susana Oubiña Falcón, explicou como deseñar, programar e facer soar unha arpa usando o software Scratch 2.0. Nesta ocasión participaron 2000 alumnos dun total de 37 centros.
Outro novo éxito da CGENDL á que todos os agradecementos que se lle fagan serán poucos.
O meu Manuel María
por María Xesús Nogueira, en EL Progreso:
SON DÍAS estes de falar de Manuel María nos centros de ensino de Galicia. A súa obra lese, recítase, cántase, interprétase... A celebración da súa palabra polas nenas e os nenos habíalle gustar a quen escribiu tantas páxinas pensando neles. Talvez sexa esa, senón a mellor homenaxe, a máis natural que se lle poida render a unha figura recoñecida pola banda das letras: lela. Seguramente foi o colexio o lugar onde moitas persoas construímos o noso Manuel María particular. O que cimenta a memoria. O que queda. O que subxace a aqueloutro Manuel María que, anos despois, leriamos na vida adulta, estudariamos e mesmo acabariamos explicando na aula. Hai palabras que, lidas, escoitadas e aprendidas, deixan pegadas indelébeis das que, se cadra, tardamos en decatarnos.
mércores, 27 de abril de 2016
VI volume do Atlas Lingüístico Galego
O 13 de abril presentouse o VI tomo do Atlas Lingüístico Galego, centrado nas variedades xeográficas da lingua vencelladas, directa ou indirectamente, coa terra como espazo natural e coas plantas e árbores. Se recollo hoxe a nova é porque batín con este vídeo de Nós TV no que entrevistan ao coodinador deste ciclópeo proxecto, Francisco Fernández Rei, no que explica moi claramente as características principais, tanto deste tomo, como dos futuros ou do conxunto do Atlas Lingüístico.
Máis información nesta nota do ILG
martes, 26 de abril de 2016
Precisamos a lingua se queremos vencer
Xa o ano pasado Marga Pazos foi protagonista nos Premios Mestre Mateo do 2015 por unha dobre razón. Por recibir o premio á mellor comunicadora, e polo seu discurso na recepción do premio que fóra destacado por ProLingua por amosar o seu compromiso como (re)transmisora da nosa lingua. Na gala deste ano volvimos a escoitarlle un discurso na mesma liña no que recollendo do imaxinario colectivo a impoñente figura de Castelao, e tomando como punto de partida o centenario a súa participación na primeira película de ficción galega, Miss Ledya, comenta:
se cadra, hai cen anos Castelao non podía supoñer que cen anos despois Galicia ía ter o seu propio sector audiovisual...., ou se cadra si. Seguramente si, porque Castelao era un home que tiña fe en nós. En nós como país quen de se erguer e de crer, e de crear. [...]
Temos unha televisión pública que ten como único accionariado os galegos e as galegas. E ao redor de todo isto toda unha industria que xera unha riqueza moi difícil de cuantificar. Eu non sei canto vale a supervivencia dun idioma, dunha cultura, dunha identidade. Como se pode tasar o que vale unha forma de ser, de pensar de vivir, que é o que nos define. Dicíao moi ben Manuel María:
“O idioma idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!”
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Con todo, a lingua parece ser o que menos importa nestes premios. A película que levou case todos, non estaba en galego. Nin tan siquera se sabe de ninguén que a puidera ver en ningún cine en galego. ... Ben, nin esa película nin ningunha outra.
Máis en Saborea a lingua
domingo, 24 de abril de 2016
Xornada sobre a divulgación científica
O pasado día 20/04/16 celebrouse no Consello da Cultura Galega unha xonada sobre a divulgación da ciencia en Galicia e presentouse un informe sobre o estado da cuestión. A canle Nós TV fixo esta reportaxe (que me gustou moito) explicando algúns dos puntos esenciais desta xornada.
Tamén deixo aquí unha lista de reprodución de 3 vídeos gravados durante as sesións.
Tamén deixo aquí unha lista de reprodución de 3 vídeos gravados durante as sesións.
sábado, 23 de abril de 2016
Álbums ilustrados de 1º da ESO
Onte publicábamos os álbums ilustrados que fixeran os alumnos de 2º da ESO sobre a lectura de "Memorias dun neno labrego". Hoxe tócalle a quenda aos de 1º. Neste caso cada grupo traballou un libro distinto.
O alumnado de 1º A leu Dúas bágoas por máquina de Fina Casalderrey
O alumnado de 1º B fixo o seu traballo sobre O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo
Finalmente, o alumnado de 1º C traballou o Resalgario de Antonio Reigosa
O alumnado de 1º A leu Dúas bágoas por máquina de Fina Casalderrey
O alumnado de 1º B fixo o seu traballo sobre O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo
Finalmente, o alumnado de 1º C traballou o Resalgario de Antonio Reigosa
venres, 22 de abril de 2016
Álbums ilustrados de "Memorias dun neno labrego"
O alumnado de 2º da ESO do meu centro estivo traballando as Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas. O certo é que a principios de curso, cando se trazaron as liñas principais do ENDL, estaba previsto que o autor visitara o noso centro. Desafortunadamente iso xa non foi posible, pero a pegada de Neira Vilas deixouse sentir en moitas das actividades que se realizaron este ano.
Como parte do traballo realizado co libro, cada un dos grupos de 2º elaborou un álbum ilustrado sobre o libro, velaquí o resultado:
Como parte do traballo realizado co libro, cada un dos grupos de 2º elaborou un álbum ilustrado sobre o libro, velaquí o resultado:
A toponimia como tesouro onde escoller nomes galegos para os nosos fillos. O caso de Dodro
por César Varela García, en Terra e Tempo:
Veño de atoparme con unha xoven viciña que pasea o seu recén nado bebé con todo o orgullo.Pregúntolle polo nome e dí que se chama algo, que en tendín como,ARITZ; a seguir aclaroume que era un nome vasco,pois o pai do neno era de esa orixe.
xoves, 21 de abril de 2016
Xentilicios galegos
A Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo acaba de publicar un libriño sobre xentilicios elaborado por Xosé-Henrique Costas (aproveito a ocasión para agradecerlle o envío dun exemplar). O seu título é Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. O esencial deste libro pódese consultar nesta publicación que a ANL subiu á rede.
Xentilicios para normalizar
Este traballo ten un especial interese normalizador, xa que carecíamos dun manual de referencia sobre este campo. Xosé-Henrique coméntao nas primeiras liñas do prólogo:
Estudando este tópico podemos comprobar como nos últimos tempos se volveron a dar pasos atrás. Hai uns anos, no libro de estilo de La voz de Galicia establecíase o seguinte:
Quizais se entenda como promoción da lingua a exclusións dos xentilicios galegos e a súa deturpación con formas acastrapadas. Pero isto terá que respondelo a Xunta.
No canto de avanzar cos anos, a cousa empeora. Agora a cousa ten esta pinta, un tanto estarrecedora:
Pouca xenerosidade cómpre na lectura da Lei de Normalización Lingüística para estender aos xentilicios o ditado de que a única forma a forma galega dos topónimos é a galega. Os xornalistas xa non teñen agora disculpa. Ao publicarse este manual, non deberían ter dúbida de cal é o xentilicio máis acaído a cada concello galego.
Os xentilicios das miñas comarcas
Como repasar todoso os xentilicios é unha lata, fun dereito a aqueles que me son máis próximos. Collín as comarcas do Barbanza, Tabeirós e Deza. Supoño que a todo o mundo lle interesará ter un coñecemento fundamentado dos topónimos da súa contorna.
Nesta relación que segue cursiva indica inventos recentes (tanto das defendidas polo autor como doutras achegas). O asterisco indica que non é forma recomendable, pero que se engade pola súa implantación ou por descoñecerse outra alternativa.
Boiro: *o/a boirense - boirés/boiresa (Esta forma pretendidamente culta xa está sobradamente popularizada, non cabe proposta nova non sendo unha minoritaria forma popular boirés/boiresa
recollida en Catoira e que nós preferimos.)
Pobra do Caramiñal, A: *o/a pobrense
Rianxo: rianxeiro/rianxeira
Ribeira (Sta.Uxía): ribeirán/ribeirá
Cerdedo: cerdedés/cerdedesa -o/a *cerdedense
Estrada, A: *o/a estradense - estradés/estradesa (Estradense está totalmente interiorizado, sobre todo a partir do nome do equipo de fúbol local e de varias empresas, pero a formación correcta sería estratense ou, se se quere a forma non excelsa e máis popular: estradés, estradesa)
[ Eu engado o nome dunha coñecida empresa de autobuses: La Estradense, ou dunha cooperativa de queixos El labrador estradense. Como se ve, ningunha con vocación galeguista. Aínda que, por outra banda, tamén temos o Museo do Pobo Estradense.]
Forcarei: forcareiés/forcareiesa (Rexeitemos o esperpento de forcaricense que tanto repite a prensa, pois non hai ningún lugar chamado *Forcariz)
Agolada: agoladés/agoladesa - o/a aqualatense (Desbótese o agolense que ás veces lemos na prensa, por invento falido: porque o topónimo actual non é “Agola” e o étimo é AQUALATA.)
Dozón: castrexo/castrexa (O de castrexo vénlle polo topónimo “Castro de Dozón”)
Lalín: *o/a lalinense - lalinés/lalinesa
Rodeiro: rodeirao/rodeirá - cambote/cambota (En referencia ao val de Camba)
Silleda: *o/a silledense
Vila de Cruces: carbiao/carbiá ( Carbia era a antiga capital deste concello e carbiao era o seu xentilicio. Cando a capital pasou para As Cruces (Vila de Cruces) alguén inventou o xentilicio
tan formalmente castelán de cruceño, inaceptable en galego. Propomos a forma histórica carbiao ou a creación de formas xentílicas como crucés, crucense, etc.)
Xentilicios para normalizar
Este traballo ten un especial interese normalizador, xa que carecíamos dun manual de referencia sobre este campo. Xosé-Henrique coméntao nas primeiras liñas do prólogo:
Este libriño naceu dun cabreo prolongado no tempo. Cabreo por constatarmos como a diario na prensa de Galicia (en castelán) se deformaban e inventaban xentilicios sen criterio ningúnVelaí que son os xornais, que publican en castelán, os que de facto e sen criterio filolóxico ningún, estaban establecendo os nomes dos habitantes das localidades galegas co cal se produciu unha profunda barbarización dos xentilicios (uso o termo nas dúas acepcións que contempla o dicionario da RAG: como castelanización e como o feito de facer barbaridades, neste caso na lingua).
Estudando este tópico podemos comprobar como nos últimos tempos se volveron a dar pasos atrás. Hai uns anos, no libro de estilo de La voz de Galicia establecíase o seguinte:
usaranse os xentilicios galegos en informacións en galego e os equivalentes casteláns, cando existan, nos textos en castelán [...] Naqueles casos nos que non haxa unha forma castelá, deberá empregarse a galega (Los arteixáns irán a la huelga,...)Resulta realmente rechamante ese condicional, cando existan, referidos aos xentilicios galegos en castelán (!). Que significado ten. A pouco que un se empeñe, pode castelanizar os topónimos galegos que lle pete. Por que non *arteijanos? Cal é o criterio? A política deste xornal apostou por non ser directamente belicosa coa lexislación, polo que, respectando a Lei de Normalización Lingüística, hai un tempo que emprega os topónimos orixinais e propios. Pola contra, hai unha tendencia á invisibilización do galego. Pensemo que isto é o que fai o xornal que máis euros recibe da Xunta, entre outras razóns, por realizar a súa actividade informativa orientada á normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
Quizais se entenda como promoción da lingua a exclusións dos xentilicios galegos e a súa deturpación con formas acastrapadas. Pero isto terá que respondelo a Xunta.
No canto de avanzar cos anos, a cousa empeora. Agora a cousa ten esta pinta, un tanto estarrecedora:
En textos en castellano, los gentilicios de topónimos gallegos se usarán en su forma castellana, cuando exista [...], con la excepción de ourensano. Cuando no la haya, se empleará una perífrasis del tipo de «de As Neves». Excepcionalmente, se usarán las formas gallegas, como arteixán, fisterrán...A orde está clara: primeiro a deturpación, en segundo lugar a perífrase. A forma galega mellor non usala. E este proceso repítese en todas as páxinas do xornal, todos os días, e cunha distribución considerable. Outro tanto podemos dicir de El Faro de Vigo ou El Correo Gallego, ....Acotío todas estas publicacións contribúen a estragar a lingua galega mediante a difusión de xentilicios inventados sen ningún tipo de soporte científico.Iso si, neste caso hai unha excepción, *ourensano. Seguindo este criterio, os habitantes de Outeiro de Rei terían que chamarse *outeranos (ou *outerinos), mais se seguimos o ditame dos Libros de Estilo, deberíamos enfrentarnos a *oteriense ou a chafalladas polo estilo.
Pouca xenerosidade cómpre na lectura da Lei de Normalización Lingüística para estender aos xentilicios o ditado de que a única forma a forma galega dos topónimos é a galega. Os xornalistas xa non teñen agora disculpa. Ao publicarse este manual, non deberían ter dúbida de cal é o xentilicio máis acaído a cada concello galego.
Os xentilicios das miñas comarcas
Como repasar todoso os xentilicios é unha lata, fun dereito a aqueles que me son máis próximos. Collín as comarcas do Barbanza, Tabeirós e Deza. Supoño que a todo o mundo lle interesará ter un coñecemento fundamentado dos topónimos da súa contorna.
Nesta relación que segue cursiva indica inventos recentes (tanto das defendidas polo autor como doutras achegas). O asterisco indica que non é forma recomendable, pero que se engade pola súa implantación ou por descoñecerse outra alternativa.
Boiro: *o/a boirense - boirés/boiresa (Esta forma pretendidamente culta xa está sobradamente popularizada, non cabe proposta nova non sendo unha minoritaria forma popular boirés/boiresa
recollida en Catoira e que nós preferimos.)
Pobra do Caramiñal, A: *o/a pobrense
Rianxo: rianxeiro/rianxeira
Ribeira (Sta.Uxía): ribeirán/ribeirá
Cerdedo: cerdedés/cerdedesa -o/a *cerdedense
Estrada, A: *o/a estradense - estradés/estradesa (Estradense está totalmente interiorizado, sobre todo a partir do nome do equipo de fúbol local e de varias empresas, pero a formación correcta sería estratense ou, se se quere a forma non excelsa e máis popular: estradés, estradesa)
[ Eu engado o nome dunha coñecida empresa de autobuses: La Estradense, ou dunha cooperativa de queixos El labrador estradense. Como se ve, ningunha con vocación galeguista. Aínda que, por outra banda, tamén temos o Museo do Pobo Estradense.]
Forcarei: forcareiés/forcareiesa (Rexeitemos o esperpento de forcaricense que tanto repite a prensa, pois non hai ningún lugar chamado *Forcariz)
Agolada: agoladés/agoladesa - o/a aqualatense (Desbótese o agolense que ás veces lemos na prensa, por invento falido: porque o topónimo actual non é “Agola” e o étimo é AQUALATA.)
Dozón: castrexo/castrexa (O de castrexo vénlle polo topónimo “Castro de Dozón”)
Lalín: *o/a lalinense - lalinés/lalinesa
Rodeiro: rodeirao/rodeirá - cambote/cambota (En referencia ao val de Camba)
Silleda: *o/a silledense
Vila de Cruces: carbiao/carbiá ( Carbia era a antiga capital deste concello e carbiao era o seu xentilicio. Cando a capital pasou para As Cruces (Vila de Cruces) alguén inventou o xentilicio
tan formalmente castelán de cruceño, inaceptable en galego. Propomos a forma histórica carbiao ou a creación de formas xentílicas como crucés, crucense, etc.)
mércores, 20 de abril de 2016
30 anos da Mesa pola Normalización
En abril de 1986, a AELG, AS-PG, Federación de AA. Culturais Galegas e co apoio da Associaçom Galega da Língua convocouse un “Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística” que reuniu a case 500 asistentes. Entre as resolucións finais, acordouse constituír unha Mesa para a Normalización Lingüística que se encargase de poñer en práctica as conclusións daquel encontro.
Algúns puntos das propostas para o ensino eran estes:
A principios deste mes A Mesa celebrou este aniversario. Con este motivo, o presidente da asociación, Marcos Maceira foi entrevistado no programa Área Pública da TVG.
Este pasado luns, o anterior presidente da Mesa, Carlos Callón, adicou o seu vídeo semanal tamén a este tema.
Nestes tempos, nos que a lingua e os seus falantes, estamos sofrindo un redobrado ataque, son moi necesarias todas as asociacións de defensa da lingua. Por iso, á pioneira, parabéns neste aniversario. Espero volverllo a dar cando cumpra o medio século, e agardo que daquela a situación do galego sexa mellor que a actual.
P.S.: “Os avanzos para o galego nestes 30 anos lográronse grazas ao compromiso da sociedade co seu idioma”, entrevista a Marcos Maceiras no Sermos Galiza
Algúns puntos das propostas para o ensino eran estes:
I) Qué no próximo curso se imparta, como mínimo, o 25% de todo o ensino en galego; nos centros en que este obxectivo estéxa logrado, o novo obxectivo será, para o vindeiro curso, o 50%. Nestas procentaxes non se inclue, claro está, a asignatura de Língua e Literatura Galega.De total actualidade, non?
II) Que o idioma de toda, absolutamente toda, a Administración educativa en Galiza, sexa o galego en exclusividade
III) Formación de equipos en todos os Centros que dinamicen e apoien o proceso normalizador; recoñecimento a efeitos laborais das horas ocupadas neste labor. Supresión do actual sistema de cursiños de galego que constituen unha rede caciquil máis preocupada en implantar a política lingüística da Xunta que en capacitar seriamente aos asistentes e incorporá-los á prática galega.
VII) Aumento da calidade e cantidade do material didáctico en galego sen discriminacións editoriais, ideolóxicas ou normativas. Promoción e introdución de material didáctico portugués para subsanar as caréncias que actualmente hai e por ser unha garantia de protección da nosa prática lingüística.
VIII) Galeguización do curriculum; que as disciplinas de Xeografia e Historia se fagan desde unha óptica galega non dependentes nen inmersas no ámbito español.
A principios deste mes A Mesa celebrou este aniversario. Con este motivo, o presidente da asociación, Marcos Maceira foi entrevistado no programa Área Pública da TVG.
Este pasado luns, o anterior presidente da Mesa, Carlos Callón, adicou o seu vídeo semanal tamén a este tema.
Nestes tempos, nos que a lingua e os seus falantes, estamos sofrindo un redobrado ataque, son moi necesarias todas as asociacións de defensa da lingua. Por iso, á pioneira, parabéns neste aniversario. Espero volverllo a dar cando cumpra o medio século, e agardo que daquela a situación do galego sexa mellor que a actual.
P.S.: “Os avanzos para o galego nestes 30 anos lográronse grazas ao compromiso da sociedade co seu idioma”, entrevista a Marcos Maceiras no Sermos Galiza
luns, 18 de abril de 2016
conTextos desde Ribadeo
Cando tiñamos o Planetaki de ENDL a man era moi fácil seguir o traballo dos Equipos de Normalización. Desde a súa desaparición isto complicouse bastante, por iso é de agradecer que se divulguen por todos os medios as actividades que se realizan arredor da lingua e a súa promoción nos centros de ensino. Foi éste o caso deste vídeo, divulgado por ProLingua, e que nos chega desde o IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), da man de Suso Acevedo.
A idea é explicar, en formato audiovisual, o contexto no que xurdiu un texto. Neste caso estes rapaces de 2º da ESO fálannos de "As pozas demoradas" de Xavier Rodríguez Baixeiras. Preséntannos as dependencias do instuto, o punto de partida da poesía do escritor ribadense.
Xa que o proxecto se presenta en plural, conTextos, agardamos que non tarde en haber novas achegas. Estaremos atentos, e .... parabéns polo traballo. Nas tomas falsas respírase un moi bo ambiente para crecer aprendendo.
sábado, 16 de abril de 2016
A rosa dos ventos catalana
Imaxinades a Santiago Pemán, Martín Barreiro e Ana Celia participando nun vídeo de promoción da lingua argallado pola Mesa ou por ProLingua? Isto é o que sucede neste audiovisual promocional, pero con homes e mulleres do tempo cataláns.
Trátase de divulgar un acto que a Plataforma per la Llengua programou para o vindeiro 24 de abril nunha praza barcelonesa. Alí formarán unha rosa dos ventos, e cada un dos participantes, na súa variedade dialectal, proclamará un berro pola lingua común a todos eles.
Velaquí as distintas variedades das que se queren enorgullecer neste acto: septentrional, central, nord occidental, valenciá, menorquí, mallorquí, evissenc i formenterer e finalmente o alguerés. propio dunha comarca do occidente de Sardeña.Isto tróuxome ao primeiro lugar da memoria un vídeo de enorgullecemento da nosa fala das Rías Baixas, Ghalegho, que ao pouco foi contestado por outro chegado de Ribadeo, Eu falo.
Poco despois, a CGENDL, puxera en funcionamento unha campaña, Presume de Galego, na que se invitaba á mocidade a iso, a presumir de ben que falan, e da súa propia e distintiva fonética.
xoves, 14 de abril de 2016
De blogues.55
- Carteis conmemorativos do 50º aniversario de D. Ramón Aller, 01/04/16, na Marela Tarabela
- A arte do insulto, 02/04/16, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
- Nomes galegos dos mamíferos 4, 02/04/16 en Debullando a fala
- Manuel María. Compromiso coa Lingua Galega, 03/04/16, no blogue da biblioteca do IES Antón Losada, Retelladores do galiñeiro
- A ‘lingua común’ do nacionalismo lingüístico, 05/04/16, por Laureano Xoaquín Araújo Cardalda no Café Federal
- Tomara, 06/04/16, por César Lorenzo Gil en Dúbidas do galego
- Proxecto de blogue: Galego sen bozas!, 08/04/16, no blogue do ENDL do IES Félix Muriel, Bico da Ría
- conTextos: O Xardín (Ribadeo" e "As pozas demoradas" de Xavier Rodríguez Baixeiras, no web do IES Dionisio Gamallo (Ribadeo)
- Onte 1642: “De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal”, 14/04/16, por M. Bragado, en Brétemas
- Onte 1643: Recortes en lectura pública, 15/04/16, por M. Bragado en Brétemas
- Wikimaratón en Teleco, 15/04/16, en Trabalingua
martes, 12 de abril de 2016
Fáloche porque me entendes
"Fáloche porque me entendes" é un dos lemas cos que o alumnado do IES Félix Muriel (Rianxo) se retratou para este vídeo. Fixeron uns paneis e uns carteis de man con lemas ben gopos (gopos é como se di na miña terra guapos). O obxectivo, polo que podo enxergar, do que se ve no vídeo, é o de concienciar a un alumnado galegofalante da importancia de que non abandonen a súa lingua.
É incrible a cantidade de propostas e actividades que parten desde o ENDL do IES Félix Muriel. Esta que se presenta aquí só é unha delas. Pódense seguir no seu portal Bico da Ría, así como no blogue de aportacións dos alumnos, O castelo da lúa.
mércores, 6 de abril de 2016
Moreno Cabrera denuncia os perigos do bilingüismo forzoso
Neste vídeo do dixital Vilaweb, o profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera, advirte dos perigos de caer na ideoloxía do bilingüismo forzoso. Trátase dunha intervención motivada pola súa adhesión ao manifesto Por un verdadeiro proceso de normalización lingüística na Cataluña independente, do que destaca o punto 2, no que se denuncia a ideoloxía do bilingüismo e, que desde o punto de vista científico, segundo Moreno Cabrera, é punto que mellor subsetenta todo o manifesto.
O catedrático de lingüística xeral afirma que esta ciencia está dominada pola ideoloxía do supremacismo lingüístico. Comenta que se fala de linguas globais, no canto de falar de linguas impostas; que se fala de morte de linguas, no canto de falar de lingüicidio, de asasinato de linguas pois a morte parece algo natural. No caso do bilingüismo, explica como a lingüística oficial é usada para facilitar procesos de bilingüización forzosa, o que implica unha erosión da lingua dominada, que vai perdendo as súas características, que se vai fragmentando, perdendo vigor tanto no uso como na estrutura gramatical.
P.S.: Acaban de subir este vídeo no que, ademais da intervención de Moreno Cabrera podemos seguir outras da presentación do que se coñece como manifesto Koiné
martes, 5 de abril de 2016
Toxos e flores na presentación de "Astronomía a ollo ceibe"
Velaquí unha cousa que escribín para as Voces de ProLingua;
O 20 de maio do 1936, o xornal El Compostelano publicaba varias noticias sobre o Seminario de Estudos Galegos. Entre todas elas destacaba unha pola súa significación para a normalización da nosa lingua. Tratábase da presentación ante o Seminario dun libro de iniciación á astronomía titulado "Astronomía a ollo ceibe", o primeiro texto de divulgación científica en galego.
Etiquetas:
astronomía,
Consellería de Educación,
decreto,
en ProLingua,
historia,
libro,
Opinión,
Política lingüística,
Ramón María Aller,
SXPL,
Ulloa,
Universidade
luns, 4 de abril de 2016
Coñecemento vs. uso
Velaquí todo un tratado do conflito que está na cerna do debate lingüístico actual. Cada vez que, con toda a razón, se lle recrimina á Xunta a súa política lingüística, a resposta é sempre a mesma: "o coñecemento do galego é moi alto". É certo, mais tamén o é que isto, aínda que é un valor do que se lle pode tirar moito proveito cando se trata de alcanzar maiores niveis de normalización, non se ten en conta desde os organismos de goberno. Atendendo aos datos nos que tanto insiste a Xunta, o 99,16% da poboación galega entende o galego. Entón, por que cando se fan probas selectivas para a Administración, se pasa o traballo de elaborar cuestionarios en castelán? De que nos serve que toda a poboación entenda a nosa lingua se despois desde a propia Administración se realizan prácticas supremacistas, negándolle á lingua galega toda posibilidade de uso se non é mediada dunha sobrecargante bilingüalización?
O portal do Carrabouxo ten unha etiqueta adicada ao idioma. Dalí saquei esta viñeta, que só é unha de entre unha moi boa restra de reflexións sobre a situación sociolingüística de Galicia e a agresiva política lingüística que se está a praticar.
domingo, 3 de abril de 2016
Abril de libros
por David Otero, no Galicia Hoxe:
Non hai dúbida de que todos os meses de todos os anos serán de libros. Pero abril éo de maneira especial en dous días. Por unha parte o dous sendo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e pola outro o vintetrés DÍA MUNDIAL DO LIBRO. Dous días aos que lles aplicar maiores tons, fermosos gustares e saberes enormes, no andar marabilloso das lecturas polos soportes de non pasar endexamáis os tempos que son os libros. Velaí pois que neses obxectos tan feitos nosos aos que lle chamamos libros, neles, podemos vivir actividades de altas voltaxes, ben doces ou ben amarguechas por veces, chamadas lecturas (verdadeiros exercícios dos pensamentos) e así podernos sentir vivos en moreas de mundos inmedibles ou pequeniños, sempre amorosos, elásticos, que nos axudarán a facer máis sensible, sostible e habitable, este noso cheo de pobos con culturas e linguas de seu.
sábado, 2 de abril de 2016
Telexornal Manuel María do CPI Os Dices
Cando hai un par de semanas nos chegou o anuncio deste Telexonal, xa se enxergaba o que agora xa podemos disfrutar. Unha peza audiovisual de visión obrigada nos centros de ensino, que asombrosamente, mellora cada ano. Vailles dar envexa aos profesionais da TVG,
Poderíamos asegurar que este é o telexornal case-ofical do Día das Letras. Chéganos, coma sempre, do CPI Os Dices (Rois). Moi dinámico con conexións en directo en distintos lugares tales como a rúa Tabernas ou na casa-museo de Manuel María; entrevistando a toda unha serie de personaxes que teñen moito que contar sobre a vida e a obra do poeta outeirao: Darío Xohán Cabana, Fran Rei, Alberte Ansede, Dolores Vilavedra, Alfonso Blanco, Lois Diéguez, Felipe Senén, Miguel Anxo Fernán Vello, Inma López Silva, Saleta Goi, Uxía Senlle, Mero Iglesias, José Martínez... ( e creo que se me despistou algún).
Unha peza audiovisual de visión obrigada nos centros de ensino, que asombrosamente (parece imposible), mellora cada ano. Lembremos o Telexornal Díaz Castro (+ 7 poemas de Xosé María Díaz Castro + A obra de Díaz Castro , o adicado a Roberto Vidal Bolaño (+ a obra de Vidal Bolaño), e a Valentín Paz Andrade (+ compromiso con Galiza, + supervivente).
Grazas, un ano máis ao CPI Os Dices.
Grazas, un ano máis ao CPI Os Dices.
venres, 1 de abril de 2016
De blogues.54
![]() |
| Da Wikipedia |
- O PP reduciu nun 80% a dotación para bibliotecas de libros en galego, 16/03/16, por César Lorenzo Gil en BibosBardia
- Booktrailer de De pergameos, follas voandeiras, libros ao punto gal. Breve historia da literatura galega, 16/03/16, no blogue de Mercedes Queixas
- Videoconsolas sen xogos en galego, 16/03/16, por Vicente Cores, Damián Castro e Manuel Conde (2º ESO), no Bico da Ría
- Que o galego non colla bozas!, 22/03/16, en Marlou
- Parellas imposibles e falsos amigos, 23/03/16, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
- Armando de Lalín, o perpetuo axudante de Ramón María Aller, por Manuel Igrexas, en Historias do Deza
- 50º cabotando de D.Ramón Aller, 28/03/16, en Toc-Toc-A-Ciencia, blogue do IES Ramón Mª Aller (Lalín)
- 28 de marzo, a ollo ceibe, 28/03/16, en A Marela Tarabela, blogue da biblioteca do IES Ramón Aller Ulloa (Lalín)
- 1.841, 28/03/16, no blogue de Carlos Callón
- Inclusión: un video para o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo, 29/03/16, Música en secundaria, do IES As Barxas
- A hipoteca do hospital Álvaro Cunqueiro, 29/03/16, por Pablo Vaamonde, no Pavillón de repouso.
- Non agardei por ninguén, 31/03/03, por Aldara Tubío, no Bico da Ría
- U- la emisión dos María Casares?, 31/03/03, no blogue Son de noso
- Povisa tenta pescar nas augas revoltas, 31/03/16, por Pablo Vaamonde, no Pavillón de repouso
- Poesía sobre lingua (1): "Lingua que rexeitaron os meus pais", Antón Tovar, 31/03/16, por Carlos Callón no seu blogue
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















