Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 9 de abril de 2011

Losada contra Cerviño

Nunha actuación que o honra, Francisco Cerviño, portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario Socialista, vén de criticar que a Consellería de Educación, para establecer os criterios de ordenación alfabética dos apelidos do alumnado galego, indique como referente á Real Academia Española no canto da Real Academia Galega. Esta actitude indica preocupación e defensa da lingua minorizada, da nosa lingua.
 Cerviño remexeu entre papeis de lectura pesada, documentos de linguaxe administrativa,  e, por estar instalado na defensa do galego,  nunha circular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos atopou unha evidencia do que todos sabemos: que a lingua que defende a Xunta que nos goberna é o español.
Pola contra, a web que promove a candidatura á alcaldía da Coruña do candidato socialista Javier Losada, é unha páxina exclusivamente en castelán. Tamén en castelán, exclusivamente, están todos os demais recursos que se ligan desde ela: as novas doTuenti e do Facebook, os títulos das fotos do Flick e os vídeos do You Tube. O lema que identifica esta serie de recurso é 'Una Gran Coruña". Efectivamente, Una, Grande, ...e Libre de galego. Non creo que esta aposta de Javier Losada sexa máis lesiva para o galego que a circular denunciada por Cerviño.

Estaría ben que nos explicaran cal é a política lingüística do PSdeG-PSOE, se a de Cerviño ou a de Losada, pois non se pode estar dando misa e repenicando a un tempo.

2 comentarios:

  1. nunca entendín a xenreira e noxo que teñen (algúns) políticos de A Coruña á lingua galega. Ten que ser algún complexo pailán. Todo o contrario que pasa cos paisanso que van á cidade (a calquera cidade) ven o que hai e tentan aprender do bo pra cando voltan á casa. Istes políticos son todo o contrario: prepotentes, langráns, preguiceiros... téñenas todas. E nise pequeno recuncho de mundo no que viven pensan que estamos todos

    ResponderEliminar
  2. O pailanismo do que falas explícao moi ben Quico Cadaval nun vídeo que hai pouco puxo no seu blogue Xano Cebreiro. Aproveitando o teu comentario, a ver se o coloco hoxe mesmo por aquí.

    ResponderEliminar