Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 5 de decembro de 2012

Aprendendo ciencias do mar

Cun pouco de sorte esta anotación servirame para destacar tres sitios web ben interesantes. O primeiro deles é divulgACCION, o web da Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica, un grupo que quer aportar o seu traballo e os seus coñecementos  para o fomento da divulgación científica rigorosa e de calidade. Precisamente e grazas a unha anotación de divulgACCION fun dar ata o par de webs que vou ligar por aquí.
O primeiro é Galicia e as ciencias do mar, un web educativo cheo de recursos no que podemos comenzar a facer experimentos, aprender como son as nosas rías, as principais características dos peixes,.. En defitiniva, unha chea de aportacións didácticas, ligazóns e posibilidades a partir das que deseñar actividades de aprendizaxe do noso entorno.
A última das ligazóns é para un novo medio de comunicación  de divulgación científica, Océano. Trátase dunha revista bilingüe (español-portugués) sobre ciencia e tecnoloxía do mar. Desde este web podemos descargar en pdf xa o primeiro número da publicación do mesmo nome. Na súa presentación destacan que as dúas linguas nas que vai redactada a revista " o Português e o Espanhol ultrapassam os 740 milhões de falantes". Ninguén coma os galegos, estamos pois, en disposición de ser lectores da mesma, especialmente "aos interessados em oceanografia e nas ciências e tecnologias do mar desse vasto âmbito que é dirigida a OCEANO".

Ningún comentario:

Publicar un comentario