#recitandocelsoemilio foi unha iniciativa da CGENDL moi ben montada e difundida. Tanto éxito tivo que ata xenerou efectos colaterais fermosísimos coma éste que peguei aquí. O forxador de versos Miguel Ángel Alonso xunto coa súa filla recitaron o 12/12/12 O atraco de Celso Emilio, un dos dous poemas inéditos que se deron a coñecer hai un ano.
Trátase dun poema de denuncia que, coincidindo co que di del Ramón Nicolás é "contemporáneo nas formas e nos contidos", un poema para hoxe:
Maus arriba e boca abaixo o pobo.
Vimos a instalar o silencio,
cero preguntas,
cero movimentos
Porque isto é un atraco
O vídeo , ademais da divulgación dun poema descoñecido de Celso Emilio, ten outros valores engadidos:. a transmisión da lingua e o cariño posto no legado. Eu non achei na arañeira da rede nada máis bonito para o día de noiteboa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario