Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 8 de decembro de 2012

2+2=5. As matemáticas contra a normalización lingüística.



Impactante e educativa curta.
As matemáticas sempre estiveron no punto de mira das políticas educativas co fin de usar o prestixio que lle fornecían os seus esotéricos símbolos para proveito das máis variadas (e en moitos casos escuras) causas. Lembremos, por exemplo, que a gran revolución educativa no ensino da ciencia dos números que se quixo impulsar coa implantación nos anos 70 da matemática moderna, naceu como resposta nos países da órbita da OTAN ao gran sock que supuxo o programa Sputnik da Unión Soviética nun escenario de guerra fría.
Hoxe as matemáticas son a punta de lanza do grupo de materias troncais, as áreas de coñecemento privilexiadas que o programa involucionista do PP está a impoñer nas nosas escolas. Aos nosos gobernos non lles importa nada o ensino das matemáticas. Os seus intereses están na permanencia no poder e para iso cómprelles dirixir un control ideolóxico que o faga posible. Por medio do decreto de plurilingüismo e a LOMCE os gobernos de Galicia e España só pretenden facer uso do  prestixio das matemáticas como base do desenvolvemento científico para estableceren políticas nefastas desde punto de vista educativo, e en definitiva, con consecuencias moi negativas para a sociedade do futuro.
En Galicia estase a usar a formación en matemáticas como arma contra a normalización lingüística. Con cada clase de matemáticas impartida en castelán estase a ensinar tamén que o galego é unha lingua de segunda categoría, da que se pode prescindir para o desenvolvemento científico e, en definitiva, inútil socialmente. En Galicia estase a ensinar que "dos más dos es igual a cinco"

Ningún comentario:

Publicar un comentario