Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 6 de decembro de 2012

Correlingua versus kutruparty


A principios de abril deste ano enterábamonos de que o Concello da Estrada lle retiraba o seu apoio ao Correlingua  na edición do 2012 e que viña celebrándose na vila desde anos atrás. O caso ten a súa miga pois no ano 2011 podíamos ver ao actual secretario xeral de política lingüística, Valentín García, presentando orgulloso o Correlingua dese ano. Só lle podemos atopar explicación a esta forma de negarlle o seu espazo a unha festa do galego: o sectarismo. Desde o goberno local asumiron as directrices negacionistas impostas desde os cenáculos ideolóxicos e as consecuencias non deixaremos de velas por todas as esquinas. Velaquí unha.
O Concello da Estrada, si que lle dá o seu apoio a unha celebración, o kutruparty, un evento que reúne na vila pontevedresa durante catro días a fanáticos da informática. Basta ver o anuncio da edición do kutruparty deste ano para comprobar  o cosmopaletismo na súa esencia.
E isto era o plurilingüismo ese? Vaites, vaites.

1 comentario: