Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 19 de decembro de 2012

Os prexuízos de Amalia



Pensando en ti é un programa da Radio Galega que se emite nas madrugadas. O seu condutor, Alberto Freire tivo que soportar a chamada dunha oínte de Ferrol que se reproduce aquí na emisión do 17/12/2012. A actitude de Alberto Freire foi firme, coherente e sumamente correcta. A de Amailia, a súa interlocutora,  pola contra, podemos cualificala de penosa, maleducada e cargada de prexuízos.

Conviña pararse a pensar un pouco nos prexuízos que reflicten as palabras de Amalia e as razóns polas que os adquiriu.


  • "usted por educación tiene que hablar el idioma que hablo yo, porque yo vivo en Galicia pero no soy gallega"  Ésta é a dialéctica do que desde a oficialide se lle chama bilingüismo cordial. Cando se apela á amabilidade lingüística, moitas veces de moi malas maneiras, como se ve neste caso, reivindícase a aniquilación do galego baixo a preponderancia do castelán  tan pronto como se enxerga o mínimo indicio da súa presencia. Ademais esta frase introduce o debate fundamental de fondo: cales son as delimitacións entre ser galego, estar en Galicia,  e falar en galego? Identidade, territorio e lingua, velahí a cuestión.
  • "o sea que yo, por escuchar la radio gallega, ¿tengo que saber el gallego?" O galego molesta, a súa presenza é imposición. A ignorancia ao poder. O poder da ignorancia refórzase co auto-odio: "Sé francés y sé el inglés pero el gallego no me interesa"
  • "no soy de izquierdas, soy española" Todo un proxecto político.Amalia decátase perfectamente de que a dereita en Galicia renunciou ao seu carácter galego. A política ten unha dimensión educativa da maior importancia. As consecuencias da renuncia do PP á reivindicación da normalización vense ben claras no exemplo de Amalia.
  • "Cuando viene Núñez Feijóo sabe que en Ferrol hablamos castellano.... en el teatro Jofre, donde vino hablar sabe que la gente que va, muchos no sabemos gallego, no tenemos interés". Por fin se declara, con nome e apelidos, quen sustenta a política de fomento dos prexuízos. Ter un referente político ao que anclar o sistema de prexuízos, é fundamental para poder sustentalos. Feióo non se pode declarar inocente de transmitir unha mensaxe sustentadora do auto-odio. Que sentido ten, senón, que un presidente da ¨Xunta se dirixa aos ferroláns en castelán?


4 comentarios:

  1. Cando o oín onte non sabes como respirei cando dixo que non era de Galicia. Que por Ferrol xa estou ata os *** de aturar ignorantes que alardean da súa ignorancia. Por certo, vaia paciencia que tivo o presentador, mandábaa eu á merda no primeiro medio minuto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vaya usted a Noruega y diga que el noruego no le interesa, que hablará ingles o francés o cualquier otra cosa ya verá usted que pronto le disponen un alojamiento en el fondo del mar del Norte. Así aprenderá a insultar culturas milenarias.

      Eliminar
  2. Alberto Freire fixo o mellor que podía facer: soltar argumentos e poñer en evidencia a falta de educación da señora Amalia. Claro que tiña ao seu favor que o programa fose de madrugada e dispoñía de tempo para facelo.
    Agora ben, os argumentos non son para a interlocutora, que estaba claro desde un principio que non escoitaría nada, senón para o resto da audiencia.
    Do caso interésame sobre todo destacar como se educa no odio e no desprezo. Unha vez asumido ese papel temos un problema social. O peor do caso é que, como digo na anotación, é que o goberno fomenta este tipo de actitudes. Moito máis culpable é Feijóo por falar en español no Jofre, que a señora Amalia polos disparates que soltou esa noite.

    ResponderEliminar
  3. Se tes razón, Cibrán, o do Feijóo é claramente moito máis grave e preocupante, mais sonche tantos anos aturando ignorantes na propia terra que eu tiven que centrarme no detalle da procedencia da nacha. E aquí ao lado, tiven xa que padecer a "Coruñavidad" con "merlucita del pincho", como comentas noutro apuntamento.

    ResponderEliminar