Nunca faltan muros que couten a nosa lingua.
O último caso que acabo de recoller pola arañeira da rede é o do Asesor Xurídico do Concello de Muros ao que se acusa dunha actitude prepotente esixindo aos veciños que se dirixan a el en castelán. Hai unha petición dirixida á alcaldesa de Muros na que, entre outras cousas se indica que
resulta incomprensible e a todas luces reprobable, que o asesor xurídico deste Concello, co pretexto de non entender o idioma, reclame dos veciños que se dirixan a el en castelán coma ten pasado en xuízos nos que acude en representación do Concello de Muros ou en reunións con veciños e representantes legais dos mesmos no despacho que ocupa na casa consistorial.
Dado o cargo que desempeña é evidente que o referido asesor e cargo de confianza da alcaldía, comprende e entende o galego perfectamente, polo que a súa actitude responde á idea de menosprezar e acovardar aos seus interlocutores.Creo que a solicitude merece todo o apoio de quen entende a lingua galega como unha ventaxa e non como obxecto de desprezo e minusvaloración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario