
Porén a antroidada completa chegou estes días co inicio da campaña "couñavidad" : "Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de *Villalba" baixo a lenda "Esta Navidad nos une a todos". Todo indica que o alcalde d´A Coruña é agora a Sra. de Palmírez.
O caso podíase tratar polo chiste, pero é ben triste. Supoño que nestes momentos hai centos de coruñeses avergoñados ata a náusea por estas zocadas do seu goberno municipal, que nin son as primeiras, nin serán as derradeiras.
Mentres se desvían enormes cantidades de cartos para cometer estes atentados contra a lingua e, en consecuencia, contra a dignidade colectiva, aqueles que manteñen iniciativas positivas e traballadas, son tratados co máis insultante dos desprezos. Estoume a referir á CGNEDL, que cun ritmo de traballo infernal leva un trimestre distribuíndo Ollos de aula, unha revista mensual para as familias do alumnado e agora vén de lanzar unha publicación dixital sobre sociolingüística para o profesorado, Letra miúda. O pago que se lles dá aos Equipos de Normalización por éstes e moitos outros esforzos é a redución nun 80% da asignación presupostaria para o seu funcionamento, adiamento da resolución desa asignación ata non finalizar o curso e redución das horas de adicación semanal dos coordinadores (pasou de 3 a 2). En definitiva, o noso goberno e o manexo dos cartos públicos, está en mans dunha zunia de pailáns mentres a intelixencia e a forza creativa está sendo maltratada.
O concello de lacouru non para de facer pailanadas. Se deles dependese celebrariamos no Marineda unha tourada , comendo "polbo a la feria " e bailando Sevillanas . Te son " merluzos do pincho" é ben certo.
ResponderEliminarSeica a campaña foi deseñada por Amalia de Ferrol. Buff, a realidade supera con moito a ficción! En fin, únome aos parabéns á CGENDL. Un orgullo para o país. Eses/as si que nos unen a todos/as.
ResponderEliminar