Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 18 de decembro de 2012
A historia dunha lingua asoballada
Un impresionante documental realizado en Cangas e Santiago por Andrea Martínez. Adicado "aos que loitaron na época franquista e na transición polo noso idioma; e aos que o fan hoxe en día"
Durante moitos anos o galego estivo reprimido, atacado e marxinado; quedando asociado a xente de baixo nivel económico-social. Na transición quixeron facer coma se non pasase nada, como se falar galego xeralmente fose normal. Aquí é onde comezan os problemas de hoxe en día; bilingüismo e diglosia, dereitos e imposicións, ataques gratuitos contra a lingua. Nesta reportaxe falamos con mestres, con políticos de esquerdas e de dereitas, con estudantes, con xente da rúa e con rapaces que aínda sendo adolescentes comezan a ver o que se lles aveciña se non defenden a súa lingua.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario