Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 13 de decembro de 2012
Consumogustos: 'O noso na nosa'
A presentación deste anuncio no na canle galeguizargalicia.tv infórmanos que a súa finalidade é promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.
Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa. Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional. A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos.
Ademais do spot a campaña complétase cunha serie de carteis onde 17 personalidades do mundo do espectáculo e da cultura nos fan unha invitación a sumarnos ao consumo en galego. Alba Nogueira, Amancio Prada, Antón Dobao, Antón Reixa, Clodio González, Ernesto Chao, Henrique Costas, Inma López Silva, Martín Barreiro, Morris, Xosé Manuel Piñeiro, Rosa Álvarez, Rosa Fontaíña, Rubén Riós, Suso de Toro, Uxía Senlle e Villar Janeiro participan nesta campaña de corresponsabilización do uso do galego no consumo. Cada un deles aportou, ademais da súa imaxe, un lema. Puxen aquí o de Suso de Toro porque foi o que máis me gustou: 'O noso na nosa'
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario