Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 17 de decembro de 2012

A Xunta contra o galego

por Xoán Antón Pérez-Lema, en Praza Pública:

O Presidente Feijóo e o conselleiro Vázquez veñen de desaproveitar unha excelente oportunidade para restaurar o consenso lingüístico optando polo continuísmo na súa política de exclusión do galego no ensino infantil e de minorización nas demais fases do ensino obrigatorio.
Máis aínda, ao recorrer perante o Tribunal Supremo as sentenzas do TSXG que declararon ilegais a consulta sobre a lingua de preferencia aos país e nais do ensino infantil e máis o dereito dos alumnos a usar da lingua da súa escolla nas materias que se han impartir en galego, a Xunta minusvalora o Tribunal Superior de Xustiza como última instancia xudicial na aplicación do Dereito galego e convida o Tribunal Supremo para que interprete de xeito restritivo o status que á lingua galega lle recoñecen o noso Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística.
Deste xeito, o Goberno galego, que deriva a súa lexitimidade da calidade nacional que emana do noso Estatuto de Autonomía (e que reside nos caracteres da nosa diferenza, entre eles a lingua) recorre de xeito insólito perante o Tribunal Supremo para tentar acadar unha sentenza que limite esa mesma calidade nacional, ao limitar o rol do galego como lingua oficial no ensino. E, no mesmo lote, cuestiona o papel do TSXG como instancia que esgota os recursos nas cuestións de Dereito galego, entre elas o estatuto da nosa lingua. O mundo do revés.
O peor é que esta actitude, ao principiar a segunda lexislatura do PP con maioría absoluta, remata por voar todas as pontes posíbeis para restablecermos o pacto social en materia lingüística. Porque sitúa ao PP, de xeito permanente e dificilmente revogábel, fronte aos sectores da cidadanía galega que aspiran á plena igualdade real do galego e o castelán e que tentan que os mozos e mozas galegos non rematen o ensino obrigatorio funcionalmente analfabetos na súa lingua nacional.

A arrincadeira: Constitúese formalmente CxG
Agora vén para esta forza en construción o máis difícil: demostrar a súa capacidade de ser un instrumento útil para a economía e benestar da cidadanía galega
No seu Congreso Constituínte Compromiso por Galicia (CXG) definiuse ante todo como partido nacional e galeguista e ubicouse no amplo espectro do centro-esquerda, integrando as sensibilidades socialdemócrata, liberal progresista e ecosocialista e refugando reducionismos á dereita e á esquerda. Agora vén para esta forza en construción o máis difícil: demostrar a súa capacidade de ser un instrumento útil para a economía e benestar da cidadanía galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario