
Estes que van ler son apenas breves apuntamentos para unha realidade non inventada.
- Oye, niña, de que vas disfrazada?
Estes que van ler son apenas breves apuntamentos para unha realidade non inventada.
- Oye, niña, de que vas disfrazada?
O Sr. Feijoo, en calidade de Presidente da Xunta de Galiza, resolveu, como corresponde á grave responsabilidade do seu cargo, a causa principal do abandono do uso do galego por parte do 75% das crianzas entre 5 e 14 anos.
Dicíamos a semana pasada que unha política lingüística eficaz habería apoiarse na complicidade social e mesmo ratificarse a medio dun referéndum ou consulta. Mais que é o que hai que mudar nesta nova política?
Se existise algún tipo de comercio coa lingua en sentido positivo debería ser un comercio da promoción cultural, da nosa proxección no mundo a través do idioma, do negocio da aprendizaxe de linguas internacionais entre as que podería figurar a nosa,... Pero non, dá a casualidade de que neste país somos pouco avispados para iso e preferimos usar o galego para alimentar as batallas políticas ficticias sobre os moi defensores do galego, os medio e os nada.
Os nada defensores, como en teoría non teñen paixón e só manexan a obxectividade, pois son os que mellor actúan sempre, por suposto. É deste xeito como a Xunta do PP, disque, gañou certa autenticidade en canto a normalización do idioma galego. Pero parece ser que gañou autenticidade porque outros a perderon. Si xusto o que estades pensando: todos menos o partido popular. Parece ser que os ecritores, os editores, as institucións, os que o usan o galego como reivindicacación excluínte ritulizáronse. E din tamén que existe unha élite da normalización que tamén está ritualizada.
O profesorado Celga e mais de linguaxes específicas (administrativa e xurídica) vai pasar o peor Nadal que recorda.
Á hora de propor para a concesión do premio o traballo presentado por José Ángel Santos Núñez, os membros do xurado valoramos especialmente a visión interdisciplinar que o autor, dende a súa formación como arquitecto, ofrecía da historia construtiva do mosteiro de Ferreira de Pallares, combinando a interpretación técnica coa ollada histórica, artística e etnográfica, ofrecendo novas visións dunha das grandes pezas do patrimonio da nosa comarca e imaxe emblemática da asociación convocante do certame. Do arquitectónico ó etnográfico, do material ó espiritual, do edificio monástico á ferreira que deu o seu nome á parroquia e ó monumento, este traballo, cando sexa publicado, coas suxestións que apuntamos, ofertará novas visións dunha vedraña gloria do antigo Condado de Pallares.
Se matinamos nos dados que se reflicten na última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre usos lingüísticos é moi difícil manter esa actitude optimista que para algúns constitúe parte da nosa natureza. A redución no uso do galego entre 2008 e 2014 foi parella á desindustrialización e empobrecemento deste país nestes case seis anos de goberno Feijóo. Mais todos os anteriores Gobernos teñen parte de culpa. Porque, miren vostedes, manter a lingua propia no seo dun Estado que vive en castelán e promove por terra, mar e aire a lingua oficial española é case imposíbel sen unha potente política normalizadora coordinada dende o Goberno autonómico, partillada polos Gobernos locais e alicerzada na complicidade social.
Doulle a volta a ese slogan que nos enche de orgullo porque lembra o ben que comemos, o moito que disfrutamos da vida e a nosa capacidade de cooperar. Será certo ou non, pero gústanos de raio vernos tal como nos presenta esa publicidade que amosa o enorme poder da comunicación cando logra identificar un colectivo -neste caso o dos galegos e galegas- e empatizar con el. Pero non se trata de darlle a volta ao anuncio para tratar dos ritos funerarios da tribo, nin da esmorecente demografía. Morramos como galegos refírese a unha parte importante -cada quen decidirá canto- do que somos que se vai indo. Á lingua que aprendemos dos nosos pais e que, segundo certifican as estatísticas, falamos xa menos do 50 %.
A intensificación de falsías de groso calibre verbo da lingua galega está chegando a limites dificilmente superábeis. A realidade empírica xa é dato abondo alarmante do retroceso de uso do galego, por un proceso de españolización elefantiásico que non ten nada de natural e si ten todo de imposto á mantenta, por mil vías e coa servil cumplicidade das autoridades galegas que deberan defendelo, e que existen, entre outras realidades específicas, mesmamente porque existe a lingua galega. Os números facilitados polo Instituto Galego de Estatística obrigaron a gobernantes, representantes institucionais e opinantes varios a se pronunciaren ao respeito. Facer comentario de texto destas declaracións sobardaría o espazo deste artigo e tampouco tería máis valor que o de constatar como o tema do galego sobra, isto é, como o desexábel é que non se turbe a pax romana, ou sexa, a que garante a hexemonía omnímoda do español e a que coloca o galego na crítica situación de sobrevivencia apurada na súa terra e na súa sociedade, nunha perenne carreira de obstáculos para poder ser usado con normalidade, a normalidade que non se discute nunca para o idioma oficial do Estado.
Imaxinemos unha carreira de fondo. Dous corredores. As mesmas regras, as mesmas condicións climáticas para os dous, o mesmo día e a mesma hora de competición, o mesmo itinerario? Pero un deles leva anos de práctica, dotacións de todo tipo: os mellores adestradores, a mellor alimentación, especialistas médicos, instalacións deportivas, máquinas de musculación, bolsas de financiamento? Por non falar da tradición familiar: séculos de exercicio competindo. O outro acaba de chegar. Non trae nada consigo máis ca moitos azos, a memoria dos seus, bastante fame atrasada e a experiencia de alancar polas veigas e as pistas de macadán (os vellos dicían «matacán»). Pero levan os dous as mesmas zapatillas e a mesma roupa. Déronlles ben de comer, mesmo ao segundo algunhas vitaminas complementarias para a ocasión; póñennos na pista, un ao carón do outro, e o presidente ou árbitro, antes de empezar, advirte que as regras son iguais para todos. Corenta e dous quilómetros. Unha maratón.
"ESTÁN impoñendo o galego". Alberto Núñez Feixoo. Xoves, 9 de outubro do ano 2008. Propoño que coloquen unha placa ben grande con esta lenda na Praza do Obradoiro. Supoño que a idea acadará unanimidade entre as forzas políticas. Uns, satisfeitos de que quede constancia do nacemento da medida de máis éxito mentres gobernaron este país, a da substitución do galego polo español. Outros, para constatar cando comezou o devalar do noso idioma.
A CONCIENCIA ética comeza a construírse sobre todo na familia e a unha idade temperá. Os anos vannos afirmando nela, modificándonola, ou aconsellándonos tirala pola ventá nalgún caso; mais, se algunha vez a tivemos, sempre seguirá aí, aínda que resoe coma o canto dun grilo na distancia.
Á vista dos inquéritos sociolingüísticos que rexistran un descenso radical de galegofalantes, sucedéronse os comentos deses politólogos que o mesmo opinan sobre o crédito bancario que analisan a reforma constitucional, sen que lles poña medo ciscar sentencias a propósito da substitución idiomática en curso nesta Terra Meiga.
Como se achegan eleccións, o presidente da Xunta decidiu botar a (nosa) lingua a pacer, se cadra porque atopou uns votiños nese debate que lle aporta perigosas compañías, como sabe ben a Consellería de Cultura e Educación en pleno, a quen, despois, lle toca sufrilas. Un líder, ás veces, éo polo que cala, e o silencio é o que procede cando un descoñece a sociolingüística básica. A fin de contas, para iso está o secretario xeral de Política Lingüística, que ou non é escoitado ou non se fai oír, aínda que só sexa para temperar a Feijoo.
Os datos do IGE sobre coñecemento, uso habitual e inicial do galego en 2013 expresan a aceleración do proceso de substitución lingüística en Galicia. O galego sofre unha hemorraxia dos seus falantes habituais, que aínda son a metade da cidadanía, mentres que o número daquelas persoas que en Galicia falan sempre ou principalmente castelán avanza en todos os tramos de idade e espazos xeográficos, sendo xa esta lingua maioritaria en case todas as cidades e entre os menores de 29 anos.
Morder a lingua, literalmente, é algo que nos encabuxa porque non temos a quen botarlle a culpa. Como cando un bate cun dedo do pé descalzo contra a pata dunha silla. E se tal acontece, hai que calar, porque ninguén é culpable máis ca nós. Pode, si, que alguén puxera a silla aí, pero nós andabamos co pé espido. E isto tamén é social. Ningún pobo pode morder a lingua doutro porque non a ten na súa boca e un pobo non debe andar espido de sentimentos. Se os irlandeses deixaron de falar céltico, foi cousa deles. Se os israelís resucitaron o hebreo, foi porque lles petou, quixeron e se puxeron ao choio. E se nunha situación de democracia, liberdade e autonomía a xente non se afirma na fala vella, deberiamos ser máis listos que a inercia e repensar de novo o tema, desde a idea que ninguén manda, mandou nin mandará, nas bocas. Teñámolo claro: nas nosas bocas só entran as linguas que amamos.
Veño de ver estas semanas a polémica xurdida polas diferentes enquisas que falan sobre o emprego da nosa lingua, e veño de ver tamén a preocupación e o derrotismo entre moitos dos que sentimos sinceramente o galego. Con todo, eu non podo estar máis en desacordo.
A prezada e querida Malores Villanueva invítame a que conte para os amigos de ProLingua como un neno de sete anos, Mateo, xa é dono dun ben inmoble de carácter etnográfico, un monumento da nosa arquitectura popular, unha obra de arte, un símbolo da fartura: un canastro, que noutras partes do dominio lingüístico galego ten denominaciónse como cabazo, piorno ou hórreo. Unha herdanza que o seu avó recibiu en 1983 do tío-avó Anxo Couñago Pousada. Recentemente foi restaurado e posto en pé no eido ''O Cudomouro'' para doarllo o día 30 de novembro perante corenta persoas que foron convidadas e testemuñas do cumprimento e da promesa feita.
Quizais o mellor balance de contas que podemos facer con respecto á situación da lingua galega despois destes 35 anos de autonomía sexa o dos datos do seu uso, onde se constata unha perda continua e acelerada de falantes.
Días atrás publicáronse os resultados da enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego no 2013, e houbo un balbordo xeral ante o alarmante deses resultados. De verdade precisabamos deses datos para nos dar conta da grave situación pola que atravesa a nosa lingua? En serio que non eramos conscientes do grande descenso de falantes de galego antes de se publicar este informe do IGE?
No The New York Times do día 5 deste mes, na súa Sunday Review, publicouse un interesante artigo do profesor da Universidade de Columbia, John McWhorter, titulado «Why Save a Language», no que se refería á importancia dunha lingua e á perda que supón para a cultura que, de aquí a uns cen anos, das 6.000 linguas que hoxe se falan, pode que só 600 se manteñan. Pensan que, se morre unha lingua, unha forma fascinante de pensamento morre con ela. Pon exemplos e pregúntase, se unha lingua non é unha visión do mundo, ¿que é? Pensa que é algo máis e que, por iso, son merecentes de especial atención as linguas que en cen anos poidan desaparecer.
Se falamos de facer contas a respecto dos anos de réxime autonómico, é obrigado situármonos, tamén persoalmente, case 35 anos atrás. No curso 1980-1981 eu estaba en 3º de BUP (o primeiro de Bacharelato da actualidade). Tiña aulas de latín e grego en galego. Tamén de Historia, estas impartidas por unha profesora que xa nos dera clase o ano anterior, nese caso de Xeografía, en español. Custounos entender a súa mudanza. Pasamos unhas cantas semanas amargándolle a vida por non entendermos a súa decisión. E iso que falabamos galego e que tiñamos moito profesorado a dar as aulas nese idioma. Non había aínda lingua e literatura galegas como materia. Viña xusto detrás de nós. Entendiamos que nos deran as aulas na nosa lingua quen sempre falara nela, ou quen nós pensabamos que sempre falara nela, pois o ano anterior non reparabamos en que tamén había docentes -como Silvia- que acababan de elixir o galego como lingua de ensino, unha boa parte (non a totalidade) xa para sempre. Viamos Mari Colino como unha muller da burguesía compostelá educada en español e xulgabamos que non existían razóns para ela mudar de lingua. Que pouca xenerosidade tiñamos!, canta paciencia connosco! Afortunadamente demos cunha excelente persoa, unha mestra que chegou a tempo a sentir o galego como propio, igual que o seu tan admirado Otero Pedraio, unha muller que faleceu poucos anos despois vítima dun cancro de mama, daquela con moitas menos posibilidades de curación que hoxe. Tamén esas son contas por botar.
O Instituto Galego de Estatística ven de nos dar unha arrepiante noticia: só un de cada catro menores de 15 anos fala galego, e a nosa lingua vai esmorecendo arrodeada de porcentaxes que certifican a súa morte a medio prazo.
![]() |
web do Concello do Carballiño |
Acaban de se dar a coñecer as cifras do Instituto Galego de Estatística relativas á Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Ano 2013.
En meados dos anos 80 do passado século XX, num colégio de Vigo, aconteceu este diálogo entre uma professora de primária e um meninho com cara de zangado que acabava de sair das aulas de inglês recém implantadas:
- Que foi Tonhito? Porquê estás “enfadado”?
A estratexia da gradualidade:Para facer que se acepte unha medida inaceptable chega con aplicala gradualmente, por anos consecutivos. Dese xeito foi como condicións económicas radicalmente novas (o neoliberalismo) foron impostas durante as últimas décadas: Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego masivo, salarios que xa non aseguran ingresos decentes... tantos cambios que provocarían unha revolución de seren aplicados todos por xunto, dunha única vez.Noam Chomsky: Dez estratexias de manipulación mediática
Nestes días pasados fixéronse públicos os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao coñecemento e uso do galego no 2013, que reflicten unha significativa diminución no emprego da lingua de noso, de xeito moi intenso nas idades máis novas.Na poboación de 5 a 14 anos falan sempre castelán o 47,09%, é dicir, que non empregan nunca o galego (e un 27, 79% fala máis castelán ca galego), mentres que falan sempre o galego o 13,20% (e máis galego ca castelán o 11,91%). Para o futuro da lingua propia de Galicia é realmente dramático que actualmente só a cuarta parte dos rapaces e rapazas menores de 15 anos fale habitualmente galego e máis galego que castelán, cun alarmante retroceso de 11 puntos verbo do informe do IGE do 2008.
Se atendemos á equisa de 2013, no ámbito da Costa da Morte temos uns niveis de uso da lingua galega que podemos cualificar como aceptables, contamos cunha porcentaxe de máis do 85% de falantes de galego, ben como falantes monolingües ben como falantes que usan máis o galego que o castelán, o que nos sitúa na terceira posición por zonas, por detrás do Lugo oriental e da Coruña suroriental e moi lonxe do 26% da área de Vigo ou do 29% da área da Coruña. Pero se analizamos os datos tendo en conta a variación con respecto aos do ano 2008 comprobamos que o número de falantes descende ao redor dun 6% cando a media galega anda ao redor dun 5,5% e mesmo hai zonas como Lugo oriental ou O Carballiño-Ribeiro, nas que medra o número de falantes en porcentaxes considerables.
Unha foto
Baixo a impasible mirada da estatua do matemático de Bermés, as autoridades locais acompañaban ao secretario xeral de política lingüística e ao conselleiro de educación nesta parroquia de Lalín nun acto de louvanza do galego como lingua para a ciencia. Ou iso é o que din os medios que reproducen as notas de prensa oficiais sen máis pescuda. Conviña preguntarse que hai detrás desta foto das autoridades coa escultura do primeiro matemático galego.No 2004, o daquela conselleiro de educación, Celso Currás, presentaba un libro no que, aproveitando que Xocas era o escritor homenaxeado naquel Día das letras, se lle ofrecía ao profesorado unha serie de unidades didácticas para traballar nas aulas de tecnoloxía con maquinaria referenciada na obra dese autor. Hoxe ese libro estaría prohibido pola mesma Consellería de Educación que o editaba hai 10 anos. A razón: estar escrito en galego. Velaí un exemplo do radicalismo da política lingüística do goberno Feijóo.Este caso é a punta do iceberg das actuacións contra o galego que está a desenvolver a Xunta. Se o funesto decreto do plurilingüismo tivo como consecuencia a retirada de miles de libros de texto de matemáticas, tecnoloxía, historia ou física, ten sentido que os responsables desta desfeita se presenten nun acto público como os avalistas da normalización no mundo das ciencias? Claro que, se o pensamos friamente, tampouco poden mostrarse ante a sociedade como o que son. Sería un escándalo que a Consellería de Educación emitira unha nota explicando que van continuar excluíndo o galego de boa parte do currículo escolar para que un alumnado, que ten xa moi claro cal é a lingua que goza de todas as ventaxas, reafirme os seus prexuízos ao comprobar como desde as administracións á outra lingua se lle negan espazos que comezaran a recuperase mornamente durante o goberno bipartito. Como o goberno desenvolve unha política lingüística tremendamente lesiva para a normalización non ten máis remedio que ir a Bermés a que lle saquen unha foto na que se ofreza a imaxe contraria da súa práctica diaria. Un retrato fidedigno da realidade sería comparable ao de Dorian Gray.
Un póster.
Neste pasasdo mes de novembro a Consellería de Cultura tivo a iniciativa de propoñer as lecturas matemáticas como o tema central arredor do que desenvolver actividades nas bibliotecas. Ou iso é o que din desde a oficialidade e repiten acríticamente os medios abeirados ao poder. Efectivamente, a Consellería difundiu un póster co lema "Biblioteca escolar... matemático!!!". Pero o problema é que isto foi o principio, o fin, e a única proposta realizada. Por ningunha parte apareceu o que é evidente: que nas bibliotecas non hai libros de matemáticas en galego.Velaí de novo o a crúa realidade: o que estivo promovendo a Consellería de Cultura foi un novo atentado contra a normalización. Ningún alto cargo se reuniu cos representantes das editoriais galegas para elaborar unha colección divulgativa de matemáticas en galego. Unha iniciativa coma ésta, centrada en Galicia, sería un pequeno impulso á maltratada industria editorial autóctona. Vese que para isto non está a Xunta. Porén si actuou como o cabalo de Atila prohibindo todos os libros de texto en galego das materias científicas para aplicar o funesto decreto de plurilingüismo co que non só minaron os cimentos ás nosas editoriais, senón que se paralizou o traballo didáctico desde unha perspectiva galega.Nalgún galpón da Consellería de Educación débense gardar os carteis da exposición "A muller, innovadora na ciencia", unha loable proposta que no seu día difundira o esforzado traballo de moitas mulleres científicas. Non debe haber ninguén en San Caetano que aproveitando este súbito interese polas matemáticas pensara en recuperar esa exposición. Pero tampouco se lembraron doutra elaborada por Trinidad López, "Historia do cálculo", nin de traballos tan dignos como "As mulleres na historia das matemáticas" de Susana Paz Díaz, que ben merecía unha edición en papel. Por non haber, non houbo contacto coas asociacións profesionais para recoller e apoiar propostas que podían achegar (en galego) as matemáticas á cidadanía ou para impulsar a renovación das propostas didácticas.Tampouco se recuperaron os multipremiados recursos educativos de Paulo Porta que estaban colgados no web da Consellería de Educación ata que o goberno de Feijóo os eliminou, nin se difundiron as unidades didácticas EDAD do Proxecto Descartes que foron bloqueadas desde os despachos da Consellería de Educación por estaren redactadas en galego. Non, nada disto se fixo. Só se editou un póster para impulsar a lectura de libros en castelán. (que non digo eu que estea mal que se lean, pero tal e como está o panorama das linguas en Galicia, non parece, nin de lonxe, o que deben potenciar as nosas Consellerías).En Cataluña o Departament d´Ensenyament da Generalitat mantén un portal, Creamat, para fornecer de recursos en catalán ao profesorado de matemáticas. Aquí parece que chega cun póster e unha foto.
En Galiza hai dous tipos de galegos: os que falan castellano e os que exercen de castellanos. Eu falo castellano, mais xa non exerzo.
A sus Majestades de OrienteMelchor, Gaspar y Baltasar.
Hai uns días que se confirmou o que levabamos moito tempo barruntando: segundo o Instituto Galego de Estatística o 47,09 % dos rapaces e rapazas galegos de entre cinco e catorce anos nunca falan en galego, só o fan en castelán (16,50% máis que hai seis anos).E por que non o fan? Non é porque escolleran falar castelán e non galego. É porque non saben: non teñen léxico nin estruturas nin prosodia, non saben. Mais se nos fixamos nese 25,11 % de rapaces desas idades que se expresan habitualmente en galego ou máis en galego que en castelán (11,02 % menos que hai seis anos), seguro que todos coñecen e falan o castelán con soltura. E así será sempre, porque o contacto coa lingua castelá é continuo e constante; e seguiría así, aínda que incrementaramos moito, moito a presenza do galego na sociedade: escola, medios de comunicación, xustiza, administración pública, comercio...
DICIR QUE AGONIZA aos poucos -ou aos moitos, tal como imos- a lingua galega non é practicar catastrofismo, nin querer resucitar o informe dramático do profesor Alonso Montero; é un exercicio de responsabilidade crítica, do que esta Casa -que mantivo con vida durante case dúas décadas, contra vento e marea, a fermosa aventura de sacar á rúa todos os días un periódico en galego-
Cada vez que me atopo cun folio en branco éntranme ganas de aloumiñalo. É un vicio como calquera outro. Sentar diante da páxina baleira e debuxar coas xemas dos dedos unha paisaxe calquera, lanzar sobre ela unha presada de verbos, nomes comúns, metáforas, proposicións subordinadas e adxectivos para construír algo semellante a un artigo, un conto ou un pensamento.
Volto a un tema sobre o cal xa escribín hai case dous anos mais que, infelizmente, segue a ser de actualidade: a imposición do inglés como suposto mérito universal e necesidade vital maquillada de ‘internacionalismo’ e ‘plurilingüismo’.
No concello portugués de Barrancos, situado ó noroeste da provincia de Huelva nunha zona onde o río Guadiana non forma fronteira con España, fálase unha variedade mixta coñecida como barranqueño, con base no portugués alentexano e forte influencia na fonética, na morfosintaxe e no léxico do castelán de Andalucía e do da Baixa Estremadura. O barranqueño, cuxa orixe parece estar relacionada cos asentamentos medievais de españois nesa zona portuguesa, mantívose polo contacto permanente con poboacións españolas veciñas. A máis próxima é Encinasola (Huelva), a 9 km, mentres que Santo Aleixo da Restauração (freguesía do concello de Moura), a poboación portuguesa máis próxima a Barrancos, está a 21 km; e a vila de Moura, á que antes do curso 1987-88 se deslocaban cada día estudantes do ensino secundario, está a 52 km.
![]() |
Arañeira con orballo, da Galipedia |