Son varias as iniciativas que nestas datas se nos propoñen para que as compras que fagamos neste nadal teñan en consideración a lingua de noso.
Unha delas é este catálogo da Mesa, que xa hai varios anos que vén editando:
Outra iniciativa, posiblemente a máis dúctil, é a da plataforma dixital agasallo.eu que agoranos ofrece a posibilidade de crear o noso propio catálogo. Trátase dunha das múltiples propostas saída do brainstorming da CTNL.
Por útimo tamén podemos botarlle un ollo á guía de agasallos elaborada pola SXPL en colaboración coa Direción Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Non estaría nada mal botarlle un ollo a estas invitacións, para que os nosos gastos teñan repercusións positivas na propia terra.
P.S.: e unha boa alternativa pode ser regalar cómic. Qadriños fainos un bo asesoramento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario