Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 8 de novembro de 2012

'Isto é matemática'. Programa de divulgación da TV portuguesa



Un que sempre anda na procura de materiais de matemáticas en galego fiquei gratamente sorprendido ao enterarme de que na canle portuguesa de televisión SIC Notícias, comenzou a emisión dun mini-espazo de divulgación matemática: 'Isto é matemática'.
O programa emítese os sábados ás 20:50. Condúceo o matemático Rogério Martins con simpatía e procurando facer accesible esta ciencia a todos os públicos. Así se presenta:
A matemática vai muito para além dos números e das equações. A matemática são ideias. Ela acontece sempre que há um padrão... Sempre que algo se repete... no seu quotidiano, nas ruas, no trânsito.
São ideias que se materializam em todos os objectos que alguma vez observou... e talvez nunca tenha dado conta.
A matemática é vida. A sua vida... e a minha.Sou o Rogério Martins... e sou matemático.
'Isto é matemática' está promovido pola Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM). Os programas emitidos ata o momento tráenme á cabeza o Ben Falado! da TVG, quizais pola pouca duración que teñen. Isto, no canto de ser un desventaxa, creo eu, é o seu maior valor. Cun guión e unha realización moi coidadas cada un destes capítulos é unha perla da divulgación matemática. Eu non os perderei de vista.
Podemos seguir as novidades do programa nunha conta de facebook ou no seu portal da canle de televisión.
Capítulo 1. Reinventar a roda.
Capítulo 2. Como é que o google goola
Capítulo 3. O bilhar, o dentista e o Teatro São Carlos
Capítulo 4. O efeito borboreta

Ningún comentario:

Publicar un comentario