Durante o mes de abril desenvolveuse na arañeira da rede galega unha iniciativa sen precedentes, tanto que é difícil clasificala. Foi unha obra de teatro, pero non se desenvolveu nun teatro. Sucedeu no IES A Cachada de Boiro pero só virtualmente, na realidade todo aconteceu nos soportes dixitais. Amores prohibidos 2.0 desenvolveu a historia de Romeo e Xulieta co conflito lingüístico de fondo. Unha historia próxima e completamente innovadora.
Este proxecto recibiu aportacións de distintos centros de ensino. Quero destacar aquí a do IES As Barxas, cun labor impresionante no mundo do audiovisual. Neste caso volvémolo a comprobar con estes dous magníficos vídeos.
O primeiro é unha adaptación dun fragmento da obra "soños dun seductor" de Woody Allen. Nesta curta Humphrey intenta convencer a Allan cos seus métodos un tanto caducos e agresivos de como ligar. Os alumnos ,Gael , David e Jennifer primeiro ven o vídeo e despois improvisan a interpretación . A gravación fíxose en tres horas. Algún vía a Humphrey Bogart por primeira vez na súa vida.
No segundo vídeo do IES As Barxas é xente con demostrada experiencia nas artes de namorar quen debullan os fundamentos do ligue. O profesorado protagoniza esta peza documental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario