Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 18 de novembro de 2012

Navega en galego

Razóns para navegar en galego
Presento nesta mensaxe un blogue da autoría de Xosé Manuel Sardiña que, máis que un blogue, é unha ferramenta que nos permite coñecer se o noso navegador fala en galego ou non. Debemos ter en conta que o idioma preferido do navegador ven imposto por defecto en español, e se nós non cambiamos a súa configuración as nosas visistas non contarán como as dun galego.
Pero, por que navegar en galego? As razóns, que tamén se debullan no blogue Navega en galego son as seguintes:
  • Se os xestores dun web contabilizan moitas visitas en galego é posible que traduzan o web á nosa lingua.
  • Hai webs multilingües. Ao accedermos a elas verémolas en galego.
  • Promocionarase a procura na Galipedia.
  • Baixaremos os programas en galego.
  • Potenciaremos a creación de traballos relacionados coas novas tecnoloxías entre a xente do país.
Como navegar en galego
No caso de non termos o(s) noso(s) navegador(es) configurados co galego como lingua de preferencia, esta ferramenta indícanos os pasos a seguir para cambiar a configuración. Basta con acceder ao blogue Navega en galego e debemos facelo desde todos os navegadores que usemos.
As explicacións son simples e claras. Seguilas levan moi pouco tempo. Ademais van acompañadas dun vídeo no que se detallan paso a paso.
Por todo o que veño de comentar invito a quen pase por aquí a premer na froita que aparece por esta pantalla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario