Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 12 de novembro de 2012
Fènix 11·23
Outono do ano 2004, Èric Bertran, un neno de 14 anos, crea un web inspirado en 'Harry Potter e a Orde do Fénix' para defender a lingua catalá. Unha note, trinta garda civís da brigada antiterrorista de Madrid irrompen na súa casa e acúsano de terrorista informático. O seu crime: enviar un e-mail a unha cadea de supermercados pedindo o etiquetado en catalán.
Ésta e a sinopse da película 'Fènix 11·23', dirixida por Joel Joan e Segi Lara, que se estreou o pasado 9 de novembro. Este proxecto, do que xa déramos conta no seu día, saíu adiante grazas ao micromecenazgo.
O lingüista Noam Chomsky, ao coñecer o caso dos problemas do rapaz catalán por defender a súa fala afirmou que "o mundo tería que coñecer a historia de Èric". E para contribuir a que así sexa, deixo por aquí as ligazóns a un documental no que se relatan os feitos e se entrevistan aos protagonistas da historia. Considero de imprescindible a visión deste documental realizado por Xevi Mató no 2005: [1] , [2], [3], [4] e [5].
Etiquetas:
Audiovisual,
catalán,
documental,
Èric Bertrán,
Joel Joan,
represión,
Sergi Lara,
vídeo,
Xevi Mató
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario