Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 20 de novembro de 2012

Portobello, porque me peta!



Desde o IES Cañada Blanch, de Londres, onde o incansable Xaime Varela imparte clase en galego e mantén o blogue Fala Londres, chéganos esta curta. Rodada cunha cámara de fotos polo mercado de Portobello é unha magnífica revisión do poema de Celso Emilio ás portas da xornada 12/12/12, #recitandoacelsoemilio, organizada pola CGENDL.
Neste vídeo veremos como os alumnos do Cañada elaboran o material que despois distribúen por Portobello e escoitaremos aos seus veciños recitar Deitado frente ao mar como nunca o oíramos antes.
Cómpre ver o vídeo ata o final, asegúrovolo.
Moi ben realizado, montado por Carlos Abeijón e con música de Dios ke te crew. Un traballo excepcional. Tamén en Vimeo

2 comentarios:

  1. Falando de incansables, díxolle a pota a tixola... Grazas a ti por compartir.

    ResponderEliminar
  2. Copiar e pegar é fácil. O que ten mérito é ter ideas, traballalas, que iso sirva para ensinar/normalizar e ademais facelo bonito.

    ResponderEliminar