Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 15 de novembro de 2012

'Deitado frente ao mar', desde o IES As Barxas



Por algún sitio escoitara a noticia de que o obradoiro de animación Plástica do IES As Barxas estaba a punto de sacar un novo traballo adicado a Celso Emilio Ferreiro do que se cumpre o centenario do seu nacemento. O anuncio soaba gorentoso. E á vista do resultado, hai que felicitalos e compartir o vídeo. Son uns fenómenos.

Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso
Música escrita, gravada e producida no obradoiro Músicasbarxas
Alumnado de 1º Bacharelato coordinado por Seso Durán
Voces: Jennifer Cancelas, Iria Collazo, Katia Alonso, María Gómez, Lucía Parcero, Emma Sotelo, Ana Rodríguez, Andrea García, Ismael Otero, Álvaro Carballido, Alejandro Iglesias e Seso Durán.
Guitarra eléctrica: Luis Camilo Fernández.

P.S.: Resulta que este vídeo forma parte dunha gorentosa iniciativa da CGENDL: #recitandoacelsoemilio, unha convocatoria para un asolagamento nas redes dese lema xunto co recitado público do poema Deitado frente ao mar

Ningún comentario:

Publicar un comentario