O número de persoas que declaran ser lectores habituais (len algún libro polo menos unha vez por semana) anda polo 55% , así aparece a nova hoxe na prensa: Galicia roza a media estatal en hábito de lectura.
Un dos datos destacados do artigo é que en España lese máis en inglés que en galego.
Ao analizar o idioma habitual de lectura no conxunto do Estado, o informe sinala que o 93,3% dos entrevistados len habitualmente en castelán, seguido por un 4% de lectores que len habitualmente en catalán, un 0,5% en galego, un 0,3% en éuscaro e un 0,1% en valenciano. Ademais, o 1,1% le en inglés e o 0,2% en francés. O informe non separa as porcentaxes por autonomías.
Destes datos conclúese claramente que, antes de promocionar o uso indiscriminado do inglés nas aulas, deberíase primar o do galego. Se o cambio do decreto sae adiante, será imprescindible que noutras comunidades, por exemplo Extremadura e Andalucía, establezan un 33% de aulas en galego para chegar a unha situación de equilibrio lingüístico... co inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario