Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 23 de febreiro de 2010

Incumprimento da Carta Europea

A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é obxecto de estudo estes días nunhas xornadas promovidas polo CCG.
A coordinadora destas xornadas, a profesora da USC, Alba Nogueira, declara que Recortar o galego no ensino é "incumprir" a Carta Europea das Linguas Minoritarias. Ademáis xustiza e ensino son os ámbitos "onde a Unión Europea lle recorda reiteradamente ao Estado que hai incumprimentos moi evidentes e que non se cumpren os compromisos". Neste senso van as críticas á política lingüística en Galiza, "reiteradas por informes do comité de expertos" da UE que constataron "problemas de incumprimento no ensino", onde debería existir a posibilidade de acceso a un modelo "só en galego". Nesta liña, aludiu ao proxecto da Rede de Galescolas impulsado pola Xunta do bipartito, encomiado polo último informe da institución europea -datado de 2008- e que "vai na liña" das políticas expostas na Carta.Ademais, comentou outros modelos que se acollen ás formulacións da norma, como a inmersión en Cataluña; o sistema triplo do País Vasco -só en vasco, 50% entre vasco e catalán ou maioritariamente en castelán. "Non son válidos casos como o valenciano ou o galego", aclarou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario