Feijóo di que está ben falar en galego no Parlamento galego "pero hai partidos que se cren que temos que pedirlles permiso para falar en galego ou en castelán e esta é unha comunidade bilingüe e así o recolle o regulamento da Cámara",
Ímoslle dar a volta á frase e, no canto de situala no parlamento de Galicia, poñámola na de Madrid. Que pasaría se un deputado no pleno do Cortes españolas comenzara, desde a liberdade da elección persoal, e non desde a imposición a falar en galego? Pois que Bono, o presidente da cámara, enseguida o recriminaría, obrigándoo a falar en castelán, porque están nunha comunidade monolingüe (!), e así o recolle o estatuto da cámara. Velaí a imposición, outra vez a imposición, pero sempre do castelán.
Outro apuntamento: hai seis días aprobouse no Parlamento, por unanimidade, que todos os representantes públicos, en actos públicos, falarían (non promoverían, nin potenciarían, ...) en galego. Hai seis días votaron a favor, para que? será para indicar que todas aquelas normas favorables ao uso do galego poden incumprirse?
Polo que vemos, por exemplo nas Cortes do Congreso, no Senado, alí si que se cumpren as normas de prohibición de falar en galego, o trato non é simétrico. U-la esa liberdade da que tanto falan algúns?
Estou sospeitando, non sei por que, que só hai liberdade para falar en castelán, mais non a hai para facelo en galego. Por que será?
Ningún comentario:
Publicar un comentario