O personaxe de hoxe é Jesús Vázquez, conselleiro de educación.Xesús Vázquez: 'A Xunta cumprirá coa derrogación do decreto'Pero este titular non nos di nada novo. A noticia realmente importante é a seguinte: Un colexio do Opus premia o conselleiro Vázquez.Premiábaselle por defender a liberdade de ensino. (!)
Se ides á web do colexio que dá o premio. o colexio de Montecastelo, veredes que non hai nin unha soa palabra en galego. Non sabemos se o conselleiro está entado, ou non, do incumprimento por parte dese centro, do vixente decreto sobre normalización. En que consiste a liberdade densino? En ser refractários ao galego? Se é iso, está ben dado o premio.Outro aspecto curioso do colexio de Montecastelo é que se declara como colexio masculino. Iso lévanos a pensar que hai un semellante pero feminino. Efectivamente, buscamos e encontramos o colexio de nenas Las acacias.Como colexios concertados que son, gábanse de realizar moitas actividades extraescolares:
Judo,fútbol, baloncesto, béisbol, manualidades e pintura,... no colexio maculino."La aguja mágica es un taller de aprendizaje de labores sencillas –coser un dobladillo, etc.- y costura y bordado"... no colexio feminino.
Isto lévanos a prantexar novas e importantes cuestións: que ten o galego que atenta contra a liberdade? e que ten o castelán que parece o facho da mesma? será cousa da sintaxe, da semántica? que será o que mellor se lle dá ao Conselleiro Jesús Vázquez, os balóns ou as agullas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario