Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 3 de febreiro de 2010

Falar en galego, que difícil é.2

Hai uns dias comentábamos o feo caso dunha conselleira e dun director xeral que contestaban, na tele galega, en castelán á entrevista do programa "Bos Días". O BNG incide agora nesta mesma cuestión:
O BNG pide que os cargos públicos usen o galego
A iniciativa do BNG
As teses son moi claras, segundo o Plan Xeral de Normalización da Lingua o Parlamento insta á Xunta para que adopte as medidas para que os cargos públicos da mesma, así como os dos organismos e entes autonómicos, ... e institucións delas dependentes, fagan uso público, tanto oral como escrito, de xeito sistemático da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública



A lei 4/2006, apunta na mesma dirección: todos os cargos e entidades con participación da Xunta usarán normalmente o galego, oralmente e por escrito, nas relacións coa cidadanía.


No entanto hai empresas que si aposta pola nosa lingua... e venden máis.



Xosé Manuel Sendín: 'O galego na etiqueta é unha baza'
Mª Vitoria Cosme: 'O noso produto fala galego como algo natural'









Máis sobre o decreto:
O Goberno, aínda máis só
Educación minusvalora o Consello da Cultura Galega por criticar o decreto do galego
Logo de votar contra o decreto, o alcalde de Vilariño de Conso opta polo 'no comment'
O PP impón silencio sobre o caso de Vilariño de Conso



Outros asuntos:
O BNG rexeitará pactar o ensino con ZP se non ten en conta a lingua galega
A Xunta promociona cursos de galego en Expolangues

Ningún comentario:

Publicar un comentario