Hai algunha xentiña no mundo, que, se a hai, é porque ten que haber de todo.
Todos deberíamos facer o exercicio de colocármonos no lugar do outro, sexa quen sexa ese todos, e sexa quen sexan ese outro, antes de abrir a boca.
Efectivamente, a líder de UPyD, Rosa Díez, para insultar a Zapatero, chámalle gallego. Pensou ela algunha vez que pasaría se alguén a chamase española, no peor sentido da palabra?
Rosa Díez: 'Zapatero podería ser gallego no sentido pexorativo da palabra' . A este respecto A RAE aínda contén “tonto” –falto de entendemento ou razón– "bruto" ou “tartamudo” como definicións de "gallego",
Se non vos fiades, ou se sodes masoquistas, mirade o vídeo desde o minuto 5:00 ao 5:20. Polo demais as respostas da entrevista son de pena, non merece que ninguén a mire.
Algunha debería usar a lingua para rumiar, pois ben que lle é máis acaído ese uso que o da fala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario