Manuel Túñez López e Xosé López García son os coordinadores dun infome realizado o ano pasado para o Consello da Cultura Galega sobre a Lingua das novas
O Diario de Arousa é o que máis páxinas redacta en galego, case un 7%. Os periódicos máis vendidos, La Voz de Galicia (en laranxa no gráfico) queda no 1,89% e o Faro de Vigo (en negro no gráfico)no 1,39%. A porcentaxe media de páxinas en galego da prensa en papel era do 3,04%.
Nestes datos non se incluía o Xornal de Galicia por non estar á venta no momento do estudo, nin Galicia Hoxe, que se trata noutros capítulos.
Pois esta é a prensa (galega?) que temos. Con estes medios de comunicación non é de estrañar que algún deles oculte a campaña da CGENDL, orgullosos do noso, orgullosos do galego
Isto chámase poñer o "dardo na palabra".
ResponderEliminarOs meus parabéns.