No ano 2002 Anxo Lorenzo publica un estudo sociolingüístico do concello de Vigo. Polo tanto sabe do estado do uso do galego nas cidades.
Este que se ve aquí é un dos gráficos dese traballo.
A lingua habitual era hai 8 anos o galego/máis galego para un 30,6% dos vigueses.
No entanto era o castelán/máis o castelán para o 67,4%.
Ademais a tendencia, así o confirma o Mapa Sociolingïístico, é de diminución do uso do galego.
Con medidas como as do decreto contra o galego no ensino, que reducirán, limitarán e diminuirán o uso desta lingua nas aulas, falar de equilibrio entre linguas é un acto de racismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario