Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 22 de febreiro de 2010

E logo!, quen o lembra?



No 2007 gastouse unha morea de cartos na campaña e logo! Serviu para algo? alguén a lembra?

Houbo anuncios na televisión, carteis publicitarios como este do lado. E no 2008... tamén gastamos unha morea de cartos.
Serviu para algo? alguén lembra a campaña?
Houbo concursos, folletos...
Tamén se fixeron spots radiofónicos como o seguinte:



E no 2009 outra vez, máis cartos, máis campaña e máis e logo!
E despois?

Cambio de goberno, ataque continuo ao galego (fálase del como se fose unha imposición de fóra, elimínase das probas á administración, preséntase un decreto para o ensino para reducir en todos os ámbitos docentes a súa presencia), e unha asociación que se acaba de formar hai uns meses como resposta a estes ataques, a Coordinadora de Equipos de Normalización, crea unha campaña, orgullosos do noso, orgullosos do galego, que vai dar máis que falar, que será máis coñecida, que será máis seguida. Xa o veredes.


En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario