Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 12 de febreiro de 2010

Os matemáticos contra o decreto

Agora tócalle o turno de pronunciárense contra do rascuño de decreto aos profesores de matemáticas. A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática considera que durante estes últimos anos tanto as editoriais como o profesorado realizaron un enorme traballo para crear materiais adaptados tanto ao currículo como á realidade social. Este esforzo será borralla no caso de aprobarse o novo decreto.
Parabéns aos profesores de matemáticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario