Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 12 de febreiro de 2010

Escrituras


Hai algunha xente que fai escritos un pouquiño raros. Tendo en conta que segundo o que le ou escribe un individuo podemos facer unha aproximación á psicoloxía da persoa, imos aproximar un diagnóstico.
Hoxe traemos aquí un texto propio dalguén que sofre algún tipo de esquizofrenia, ou dobre personalidade, transtorno bipolar ou algo polo estilo.
É o DOG do 11 de febreiro no que aparece a orde pola que se convocan axudas para realizar actividades en inmersión lingüística.
Cando vimos unha referencia a este concepto, tan de actualidade no campo da normalización, pensamos que a Xunta se decatara da situación social do galego e que estaba disposta a realizar unha política lingüística acaída á realidade.
Pero a cousa marchaba por outros vieiros. Tratábase de inmersión lingüística en inglés, en francés, en alemán..., mais non en galego. O que se predica das linguas estranxeiras como bo, non lles parece aos gobernantes tan beneficioso para a lingua propia. Ou, que o que pretenden os nosos gobernantes é promocionar as linguas estranxeiras e reducir, limitar, trabar, a lingua propia.
Máis sobre o mesmo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario