Venres 5 de Febreiro. Ás 20:30 horas o local da asociación cultural Setestrelo da Estrada estaba máis cheo que nunca. A razón era a presentación dun libro promovido por Prolingua: 55 mentiras sobre a lingua galega.
Comenzou o acto Antía Otero, xoven escritora de poemas, quen leu o comunicado que se estaría a ler nese mesmo momento noutras 69 localidades. Depois tocoulle o turno a David Otero, o seu pai, escritor tamén.
David lembrounos que a casa na que se estaba a clebrar o acto estaba enfrente da dos Pereiras, e que nunha veiga moi próxima, que normalmente estaba chea de pozas, xogaba Chuchiño cuns barcos feitos de cortizas que lle facía o seu pai, Castelao. Nese momento o espíritu do galeguista volvía por estes lugares coa presentación do libro coordinado por Henrique Costas.
David Otero tamén nos contou como se xestara Prolingua nas terras do Carballiño e como se desenvolveu a elaboración do libro que se estaba presentando. Gabou a xenerosidade de moitas persoas como Xabier Docampo, Francisco Pillado, Henrique Costas... E finalmente falou das mentiras. "Hoxe é un día histórico para a lingua, pero onte foi un día negro para a historia da Estrada". Estábase a referir ao pleno do Concello no que se discutira a moción presentada polo BNG, para pronunciarse en contra do "Burrador do galego" e ao noxo que sentira cando o portavoz do PP contou a mentira da imposición. A moción saíu adiante grazas aos votos de PSOE e BNG, pero foi imposible facer entrar en razón aos negacionistas do galego.
A reunión rematou cunha chamada a continuar o traballo pola normalización, agora cun manual de defensa con 55 argumentos contra 55 mentiras.
David Otero é un xenio. A mágoa é que exista Castelao, pois se non fose así Galicia sería David
ResponderEliminar