Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 22 de febreiro de 2010

Campaña a favor do galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística promoven unha campaña normalizadora co lema "Orgullosos do noso, orgullosos do galego". Os protagonistas do vídeo veñen sendo xentes do cine e o teatro, Os actores tamén están 'orgullosos do galego'
Especialmente simpática é o retallo da noticia da TVG, Tosar, Rivas e Reixa piden "máis protección" para o galego , pois ao final indican que é o debe sentir toda esta xente diante do decreto. Premede na ligazón e observade o vídeo, atentos ás 3 últimas palabras.
Os da Coordinadora foro ao cerne do asunto: a cuestión identitaria, o asunto de se somos galegos e estamos orgullosos de o ser. Pois aquí tendes a Tosar, Reixa, Martiño Rivas, Castro... Polo “orgullo de falar galego”



http://vimeo.com/9626263 from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario