As conclusións das Xornadas de Análise da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias indican resúmense na frase 'Débese corrixir o incumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias'.
Concretamente estas conclusións din:
O Reino de España debe corrixir as severas eivas no cumprimento dos preceptos da
Carta sinalados xa por dúas veces nos informes de avaliación, sendo especialmente
graves os referidos á Administración de Xustiza –que non garante o
desenvolvemento dos procesos xudiciais nas linguas propias en contra dos
compromisos ratificados por España- e os do ámbito do ensino nas Comunidades
Autónomas que non dispoñen de modelos educativos esencialmente nestas linguas.
Galicia non debe dar pasos atrás na xa insuficiente protección do galego no ensino,
segundo destacan os dous informes de cumprimento, e debe ofertar un modelo de
ensino basicamente en galego e unha axeitada capacitación do profesorado que
permita cumprir os compromisos adoptados coa ratificación da CELRM que agora
son normativa interna vixente. Tan só o modelo de educación infantil de 0 a 3 anos
cumpría as esixencias da Carta tal e como sinalou o Informe dos Expertos en
2008”.
O futuro decreto incumprirá o compromiso do goberno español de camiñar cara a inmersión lingüística nas linguas minoritarias. O incumprimento da CELRM non se pode denunciar por vía xudicial, só se vai poder denunciar públicamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario