Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 17 de febreiro de 2010

Mapa das linguas interactivo

O SNL do Concello de Redondela dounos a coñecer o seguinte mapa interactivo das linguas.
Nel podemos desmontar prexuízos como o que identifica linguas con estados; en toda Europa só hai un estado cunha soa lingua, Islandia. O número de falantes de islandés é de 290.000, moitos menos que galegos, e non por iso deixan de usalo, e non por iso a súa economía deixa de estar á cabeza das europeas.
Tamén poderemos ver como das 87 linguas europeas só 53 son oficiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario