O diario Galica Hoxe dá conta do éxito da presentación do libro na noite de onte, titula o artigo Un día único na historia
Destacamos o seguinte relato desta noticia:
"Vencer convencendo"
Unha anécdota que non se atopa no libro é a dunha situación vivida nun programa de radio en Vigo. Hernrique Costas conta que a presentadora entrevista a un empresario de Lugo cun restaurante en Barcelona. No trancurso da conversa, a xornalista sorpréndese do éxito que ten alí o viño albariño ""y eso que la etiqueta está en gallego", engade. A resposta do lugués non ten desprezo: ""pero lo que se bebe no es la etiqueta".
Isto non ven máis que a demostrar ""os prexuízos contra o noso idioma", quéixase o profesor, ""pensei que era un morto que estaba enterrado, pero vin que non". Ademais, chama a atención de que se ""o decreto se aplica tal como está, será unha catástrofe, a convivencia rompe por todas partes". Deste xeito, ""a conta do idioma vai haber moitos enfrontamentos e iso é terrible".
En conclusión, Costas cre que é ""necesario que a xente se conciencie de que o galego é o maior patrimonio do mundo", polo que anima a vivir e gozar con el. Está convencido de que o libro servirá para ""vencer convencendo" aos que ""nos queren dicir que o galego é un adorno prescindible", afirma confiado.
Costas argumenta que o castelán ""fainos moita falta pero non é a nosa lingua", se ben matiza que ""a temos que aprender". Por iso lanza unha mensaxe á xente para que ""coiden a lingua de aquí". Ademais, lamenta que parece que ""co galego o que buscas é problemas" en situacións como pedir unha hipoteca en galego e que ""tarden tres meses" ou pedila en castelán e que se resolva ao momento. ""Estáselle dando claves á xente de que se non quere ter problemas para vivir tranquilamente" usen o castelán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario